ISTE SÁBADO EN PONFERRADA CHURRASCO E BILLARDA Á ESGALLA NO 3º ABERTO DO BIERZO DE SEMANA SANTA!!
Todo listo e disposto nas Dehesas para que iste sábado Ponferrada se convierta no epicentro mundial do deporte da billarda , por terceiro ano consecutivo a Semana Santa no Bierzo ten cheiro a madeira e a churrasco . Daqueles polvos no xa mítico Aberto de Viladepuas coordinado polo gran referente Copi a istes lodos da xa consolidada e referencial marca LNB BillardaBierzo.
Coa grella preparada o Tío Migui , o gran xestor do procecto BillardaBierzo , agarda a nativos e visitantes que iste sábado se atrevan a desafiar as leis da gravidade nunha nova edicion do xa consolidado Aberto de Semana Santa do Bierzo , se non tes palán e billarda non te preocupes porque a organizacion proporcionache o material deportivo e fai por chegar con fame porque a inscripcion no Aberto dáche ise que debera ser dereito básico da humanidade que é desfrutre do churrasco ...Churrasco e Billarda Sempre, Adiante BillardaBierzo!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home