O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 16, 2014

O LOBO DE CORCUBION ...O GRAN REFERENTE NA GUERRA ASIMÉTRICA DA LNB!!



















O punk sempre foi un dos pilares básicos nos que asentou a filosofía de accion directa da LNB , non agardar por naide a máxima do faino ti mesmo e non hai futuro máis aló do noso Varado é algo que fixo dende sempre que a firmeza de cada un dos nosos golpexos guiara os centos de accións colectivas coas que a diario golpexamos o pelexo diste gran boi da chega chamado Galiza. Porque a mensaxe da LNB está na brisa só fai falla que ti estexas receptiv@ e te convirtas nise lobo que traduza os códigos do vento en Varados , iso é que fixo Alex García que dende Corcubion decidíu armarse e armar ós seus con paláns e billardas e transformarse nun activista LNB de pleno dereito realizando Abertinhos a xeito de pequenos lóstregos que de seguro moi pronto se transformarán en grandes treboadas...















Isa é o xeito de actuar , sen complexos socializando o conflicto billardeiro nunha área donde aínda a LNB non tiña presenza física a funcion catalizadora de Alex está sendo todo un revulsivo e exemplo para tod@s aqueles que desexen dar o páso ó fronte e coller o palán. Corcubion entra pois a formar parte da temíbel guía asimética da LNB donde se sinalan os puntos de acción e máis que o vai a ser xa xa que Alex está construindo as trincheiras para a desembarco LNB con palestra e Aberto en toda a regra...



















Un desembarco na costa da morte que cada vez se olla máis preto xa que despois do exitazo do Billarda All Stars en Carballo , as incursions da activistas LNB do Salnés en Fisterra para intervir sobre o terreo cos seu varados e a firmeza dos golpexos de Alex e os seus en Corcubion fan de todo isto un coctel absutamente  explosivo de consecuencias impredecíbeis e que coma acontece en Ponferrada van facer tremer as grellas , o mar e a terra...#faitedaLNB!!