O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, fevereiro 09, 2012

DARÍO HERMIDA , O PALANADOR DOS PINCHARANGO ESTARÁ NA GÜIANA FRANCESA NA LANZADEIRA DO PRIMEIRO SATÉLITE GALEGO DA HISTÓRIA, EN EXCLUSIVA MUNDIAL E CLAVE BILLARDEIRA DIRÍXESE Ó POBO GALEGO!!


















A istas alturas da película é ben complicado sorprender e impresionar á tribo LNB e a ós milleiros de ollos postos en nós sobre algo que surxe ou que sexa no noso entorno , pero para iso está a burbullerante , impredecíbel e referencial Conferencia Sur da LNB que iste vindeiro 13 de Febreiro terá a un dos seus palanadores estrela Darío Hermida dos Pincharango , na base espacial da Güiana Francesa formando parte exclusiva equipa que porá en órbita o primeiro satélite galego cunha pincha camuflada no seu interior , Xatcobeo é o nome oficial do artiluxio mais para nós parasá á história coma a Pincha-Cósmica da LNB. Uns días antes de partir cara a base espacial dende o seu refuxo en Salvaterra o enxeñeiro e futuro cosmonauta da LNB atende gostoso ás nosas preguntas cheas de emoción e entusiasmo ante a inminente apertura de hotizontes intergaláscticos para famenta civilización billardeira:



-OLA DARÍO!! Parabéns a feixes por ista túa experiencia que vai ser histórica, pese ó axetreo brutal no que supomos te atopas inmerso a triboLNB necesita respostas ante iste pequeno paso para o palanador pero gran paso para a civilización billardeira...

Sen ningún problema e gracias por as felicitacións.

- o 13 diste febreiro xunto co teu compañeiro Juán Antonio Vilán asistirás acompañando ó equipo de investigadores da universidade de Vigo á Güiana Francesa para o lanzamanto do foguete Vega donde vai incorporado o Xatcobeo, como estás a viver os intres previos? 

Imos 4 a Güiana, o xefe, Fernando Aguado, o vicerreitor José Antonio Vilán e Miguel un compañeiro de Enxeñería industrial. A preparación dos intres previos bastante ben, non hai case nervios. Estamos seguros de que funcionará a perfección. Na parte loxística estou un pouco mais preocupado, estamos a ver como meter os pateiros nas maletas e facer unha foto no momento do despegue. A ver se facemos unha montaxe decente. Outra opción e montar un campionato cerrado na zona da lanzadeira, pero tamén o vexo complicado, a ver se podemos arranxar algo.

 - Nunha entrevista utilizache a expresión "absurdamente xenial " promunciada por Steve Jobs para ilustrar o proxecto , cres que iso se pode extrapolar a outros campos da aereodinámica coma as pistas da Liga Nacional de Billarda?

Pois a frase non é miña, iso dixoo Miguel López, eu malamente recordo o que comín onte, non podría recordar esa frase nin de coña.  En canto a aerodinámica imos ver se podemos sacar algunha patente das pinchas dos Rodiños e Cia. Tamén temos pensado algunha variación os campos actuais da LNB. Dito todo o anterior, penso que os campos actuais da LNB son "Caralludamente Caralludos"

- Superadas todas as probas no esixente laboratorio Estec de Holanda , o foguete xa está listo para saír ó ar, tes a faria preparada ou como é o proceso de lanzamento? 

O único que temos preparado é unha boa churrascada cando volva con todos os compañeiros do proxecto. Tamén hai previstas lampreadas e unha cea de xabarín, o normal nestes casos supoño.  O do lanzamento e sinxelo, un montón de xente reúnese na sala de control do foguete, póñense a contar ata onde sexa (13 ou 14) ata que o foguete despega, 5 min despois o foguete perde varios cachos e pasada 1h os satélites xa andan dando voltas por ahí perdidiños, entre eles estará o Xatcobeo claro está. 


















-Contando coa túa experiencia , a LNB prepara xa a súa entrada na carreira espacial , donde cres que deberiamos estalecer o Houston galaico , nos Ancares , o Courel ou Salceda?? 

O de establecerse en Salceda soa moi tentador sen dúbida, pero elixiría unha cidade intermedia para todas a conferencias, penso que Lalín está a medio camiño de case todo, poderíase montar unha boa festa ahí, churrascada, lampreada, empanada, etc...

-Moita sorte Darío e agardamos verte de volta nas pistas da Confencia Sur defendendo as cores de Pincharango para comentar ista gran experiencia , para rematar, de ter que elexir unha tripulación para desputar o primeiro Aberto de Billarda en Marte, qué cosmonautas cres os mais preparados para unirse á expedición inter-planetaria dirixida polo comandante Tiago??

Si oh, en canto remate coas obrigas do traballo por ahí me teredes nas pistas, varado vai varado ven.  O da expedición inter-planetaria teñoo bastante claro, non podería faltar o estilo de Salgue, os leñazos que lle pega Rubén Otero, a organización de Moi, a personalidade de Tiago e a calidade de calquera unha das palanadoras da LNB.

un tremendo luxazo para toda a LNB ter a Darío coma cosmonauta dista nosa nave de ilusións , arrifilos e lambreazos compartidos....billarda sempre , adiante Pincharango-Intergaláctico!!

1 Comments:

  • At 9:29 AM, Anonymous Anônimo said…

    Este domingo é a feira do Cocido en Lalín. Que atrasen uns días o despegue da pincha-cósmica para que Darío poda acudir a dar o pregón da festa do Cocido

     

Postar um comentário

<< Home