O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 06, 2014

ABERTO DAS CATEDRAIS ..A LNB CONQUISTA UN NOVO ESPAZO HISTÓRICO CUN BRUTAL BILLARDAZO Á CORRUPCION!!


















A incredulidade se dibuxaba nas olladas dos milleiros de visitantes na Praia das Catedrais iste pasado martes de marea baixa , a espectacular xoia natural esculpida polos golpexos das olas recibía cos brazos abertos o bruar irmán das billardas da LNB que nun novo paso á fronte conquistaba un novo espazo histórico galego ...


















O Aberto das Catedrais se apresentou ó mundo como un novo desafío ás leis físicas e xurídicas ó igual que aconteceu naquel mítico día da Patria cando a LNB okupou sen permiso ningún a Praza do Obradoiro de Compostela.















A espectacular imaxe captada polo Drome da LNB que sobrevoou o espazo billardeiro durante a desputa do Aberto das Catedrais dá unha idea da magnitude da traxedia para todos aqueles que tentar por activa ou pasiva o brutal fungar



















O medo é un coitelo afiado , a vinganza unha billarda chantada na area da Catedrais... percorrer o camiño inverso procurando a orixe dende Alacant a Ribadeo coa forza do lacon , do polbo á prancha e un gin-tonic inxerido previamente no xantar de irmandade en cada golpexo , Jonas , o palanador descalzo dos paisos cataláns coa precisión propia dun político corrupto á hora de recoller os sobres non deu oportunidade ós seus rivais....


















Unha vez rematada o Aberto os palanadores acompañados de milleiros de siareiros e curiosos abandoaron a area para subir as escaleiras e no mirador da Praia das Catedrais realizar a espectacular entrega de premios coa que inmortalizar a histórica acción billardeira...














Un espectacular pódium no que Xermán da EkipA conquistou o 3º posto facéndose co chourizo pertencente ó Concello de Compostela , o aborixe das terras de San Xoan de Río Xosé Miguel da Faisca fíxose coa segunda praza levando o Chourizo pertencente ó Concello de Ourense e o Alacantino Jonás non puido ter mellor visita ás Catedrais xa que inmortalizou a súa achega cunha butifarra catalá pertence á Familia Pujol . Nas Catedrais só tres exemplos da podredume que azouta ás institucions públicas , en cada recuncho e esquina de poder un chourizo se agocha esperando a oportunidade de saquear as contas públicas .. porque ós políticos dálles igual as imputacions, contra o cancro da corrupcion adiante coas AMPUTACIONS!!