O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 22, 2010

TELE_VARAL LIVE ESTREA A SÚA FASE BETA DE EMISIÓNS ISTE SÁBADO NO ABERTO DO QUENLLO NA PONTRAGA!!



Todo listo , a maquinaria e o engranaxe da Conferencia Centro disposta en enguilir as ducias de estornelas que iste sábado apartires das 16 h. no campo da escola da Pontraga se déan cita niste novo Aberto da LNB puntuábel para a clasificación regular da Conf. Centro . A cousa está que arde e o centro está desexando botar máis leña no lume abrasador que inmola o pais enteiro agora que a súa irmán de sangue a Conferencia Noroeste desenterra tamén os paláns de guerra. Sabemos que é moi posíbel que franquicias de outras conferencia se despracen ate a Pontraga para participar dista festa de plenitude estornélika mais se eres dos que non vas poder estar alí , non te preeocupes porque poderá seguir o descurrir da xornada ao vivo dende o teu lar , moita Atención porque como viñamos anunciando durante toda a semana Tele_Varal LIve prepara a primeira emisión ao vivo dun partido da LNB polo que ista tarde de sábado é tarde de Varados esteñas na Pontraga ou en calqueira outra parte do mundo, sintoniza coa sinal de Tele_varal Live e mergúllate no espectaculo total da LNB ao vivo, ista sábado tarde de sofá, pombiñas, pipas ,vermillos e Tele_Varal Live dende a Pontraga!!

2 Comments:

  • At 2:30 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ollo, atentos e atentas, pois este próximo luns 25 outubro ás 21 horas comeza a emitirse o novo programa GALICIA EN VARADOS, programa deportivo no cal se darán os resultados da fin de semana así como as clasificacións de todas as conferencias. En tele varal. Haberá unha análise en profundidade da marcha da LNB e das AB (acción brutal) e das AI (acción imparable) que se están preparando. Teremos a testemuña tamén dalgún palanador.

    Estrea mundial do progrma deportivo que busca difundir, promocionar e poñer en valor este deporte maravilloso que perde as súas orixes nas néboas dos séculos.

     
  • At 2:39 PM, Blogger Lugosalvaxe said…

    Pipocas preparadas en EH para desfrutar da emisión do Aberto do Quenllo!

     

Postar um comentário

<< Home