O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, outubro 02, 2010

MOAÑA>> CHIWI - CHUPI , CHUPI - CHIWI, STANLEY KUBRICKDIÑO E A BRUTAL PROPOSTA DAS TREBOADAS DO LIXO!!


Cando fai unhas tempadas en Tele.Varal arrincaba o gran proxecto titulado "A Carreira da Xornada" conducido polo mítico Juan Pico xunguindo nas embravecidas pistas do Norleste xa se intuía que algún día a súa poderosa semente ía voltar brotar nalgunha das lieras nos que o arado de vertedeira da LNB traballa intensamente, e que luxado que sexa o gran Xosé Rodiño na leira de Moaña donde un día e pola irrupción das cachisas da LNB un centro social chamado A GHUDALLA botaba a andar. Chiwi-Chupi , Chipi-Chiwi dúas estrelas do maxistral universo Sur fronte a fronte na finalísima de Moaña, atención á conducción frenética de Xosé Rodiño e ós comentarios aterradores de Mosés e Xan Rodiño. Dálle ó play e descubre o campión dista histórica final que amosou ás claras o que é a forza do furacán cachisa da LNB que case derruba o pavillón de Domaio!!


LNB >> AS TREBOADAS DO LIXO!!


Unha final e unha entrega de premios dunha intensidade e emoción exemplarizante e referencial para todas as conferencias na que ademáis dos campións e os comentarios de Gil , destaca a presenza da UNidade de Gaiteiros da Cachisa e a súa brutal sección percutiva formada por uns palanadores golpexando cos paláns os caldeiros do lixo , unha proposta que amiaza espallarse por tódalas pistas da LNB co nome de Treboadas do Lixo...... >> só podemos felicitar ó gran Stanley Kubrickdiño que da pista de xogo tira directamente ó seu estudo para golpexarvos a vista con ista frescura salvaxe , mesaxes ademáis para un palanador para unha semana na que se alviscan comunicados a feixes , Soamente unha conta pendente con Rubén Otero el xa sabe. Kubrickdiño lanza ademáis mensaxes para encarapuchados e encarapuchadas: Esta semana que ven a falta de abertos e de xornadas de liga fará sair unha oleada de curtametraxes que farán tremer o fetival de Cans.

6 Comments:

  • At 12:51 AM, Anonymous Anônimo said…

    Mi madriña, era Xan Rodiño sin pucha? Seica estivo por ahí Flores ou que?

     
  • At 7:35 AM, Anonymous Anônimo said…

    Qué ghran espétaculo de ghaitas e percusión! os protaghonistas da final mais ben frouxos XD XD

     
  • At 10:35 AM, Anonymous Pinto said…

    Paula Vázquez nas finais de conxo xa, por favor!

     
  • At 11:12 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pinto , a próxima traboada donde terá lugar??

     
  • At 12:44 PM, Anonymous Anônimo said…

    coidado con Bateas, que ainda non aprenderon a andar e xa corren!

     
  • At 6:19 PM, Anonymous Pinto said…

    Agora estou en Pekín Express, se cadra cando volte!

     

Postar um comentário

<< Home