3473 A GROSSA E LOTARÍA DA GALIZA INUNDAN DE BÁGOAS E LICOR CAFÉ OS OLLOS E A GORXA DOS AFORTUNAD@S!!
Histórica celebracion a de Toni de Castro Caldelas ó ser o afortunado a quen lle sorríu a sorte na primeira edicion da Lotaría da Galiza , unha acción coordinada polos colectivos Carnelao , LNB e IndixenismoGZ que tiña coma referente paralelo á Grossa , o primeiro sorteo independente catalá cuxas catro ultimas cifras do número premiado sinalaría o agracid@ por Lotaría da Galiza . Foron miles os boletos distribuidos en toda a galiza de xeito alternativo á mafia das "administracions" controladas polo estado, a Cesta do Apalpador ( lote de productos galegos ) camiñou cara Castro Caldelas , zoa quente billardeira e será no vindeiro Aberto da festa dos Fachos cando se entregue o brutal collage de sabores da terra a Toni posuidor do boleto 3473.
Se na Galiza a Grossa troixo a ledicia en forma de máxicos grolos de licor café para celebrar a fortuna en Catalunya foron as bágoas as que bañaron o país do bélit emanados directamente dos ollos da posuidora do boleto premiado co seu fillo en brazos nunha clarísima mensaxe de condea á utlizacion e maltrato dos nenos e nenas de San Ildefonso por ise sorteo do 22 de decembro celebrado en Madrid.
Lotaría da Galiza ó igual ca LNB supuxo unha entrada de ano diferente e liberada das costumes de occidente , locais coma alonxados da podredume capitalista dos corillóns foron os elexidos polas pandillas de palanadores e palanadoras que fixeron arder os seus telefonos esixindo á LNB a coordinacion unha vez máis dos xa míticos Abertinhos de Aninovo...ningun fin de ano máis sen Lotaría da Galiza e sen Abertino de Aninovo!!
1 Comments:
At 9:19 AM, 5689 said…
zzzzz2018.10.17
reebok outlet
birken stock
supreme
kate spade handbags
pandora outlet
ecco shoes
pandora charms
ugg boots
ugg outlet
ralph lauren polo
Postar um comentário
<< Home