O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 31, 2008

NEN AS MURALLAS PUIDERON RESISTIR A GRAN INVASIÓN BILLARDEIRA DA CAPITAL LUGUESA !!



As murallas non puideron conter o tremendo empurre da LNB polo que ista fin de semana o exercito de palanadores e palanadoras guiados pola primeira franquicia luguesa da historia invadíu a explanada do pazo de congresos e feiras para realizar a primeira edición do I Aberto de billarda Cidade de Lugo . Moito ollo , porque iste torneo aínda qie os responsábeis do Foresgal anuncian a feira do monte , marco no que se celebrou iste aberto, vaise celebrar bianualmente , a LNB ten xa o firme convencemento de continuar celebrando anualmente do Cidade de Lugo e consolidalo coma o grande Aberto do Norte. As 16:30 arrivaba a guagua da LNB cargada cos aloitadores da mariña dispostos a defender o seu carácter de aínda invictos


Agardavan na pista xa dispostos e armados con paláns e billarda os locais Madia Leva , a franquicia luguesa pertencente ó centro socail do mesmo nome, adoecía por estrearse na pista fronte ás grandes estrelas diste deporte que racha moldes, ós galácticos da mariña sumáronse ós Serxio e compañía procedentes da tribu xaruta de Ordes , Conferencia Noroeste que aportou numerosa presenza niste multitudinario Aberto Lugués xa que a Anxo dos Taravelas contou tamén co apoio na pista de varias palanadoras da súa franquica , e Sak dos eléctricos electrónicos fixo saltar chispas nos numerosos siareiros enfervorizados que se deron cita na explanada do Pazo de Feiras


As series clasificatorias deron paso a membros das tres conferencias presentes , a Norleste , A NorOeste e a tan desexada e Conferencia do Medio , pero foi a primeira delas e a máis veterana, a NorLeste a que situou tres elementos na finalísima. Ismael , o Zidane da Bilharda, David , do Sporting Petapouco e Mónica das Fenecas bravas decidiron entre si para quen ía o Copo do aberto Cidade de Lugo



E cando un está en racha pouco se pode facer, David voltou a ser o implacable palanador que decide ó igual que fixo co lacón , as finais con Varados , polo que sentenciou o Aberto pola vía rápida e sen contemplacións de ningún tipo. A Maradona voltou dividir e marcar diferencias. Isto foi o sábado , o domingo a serpe multicor da Conf. NorLeste desprazouse ate Santalla de Vilausende para realizar o seu 7º asalto da liga regular, e no seu web oficial xa podedes ver como quedaron as táboas clasificatorias .
E moita atención polo Sur , porque os grelos e o lacón xunto co queixo e marmelo xa está listo para iste sábado realizar o espectacular e tan desexado I Aberto de Mos , primeiro test ofical na Conferencia Sur onde xa anunciaron a súa presencia o históricos Palanganas de Vigo con Aitor á fronte desexando baterse por fin en terra mae , e ti a qué carallo agardas? , apuntate xa lnb.sur@gmail.com e trae á túa equipa para desputar e quitar a fame na pista do Torroso de Mos co o queixo e o marmelo da Conferica Sur da LNB. A serpe multicor da LNB avanza imparábel por todo o país adiante!!