O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 19, 2012

XOSÉ REGUEIRO , O PALANADOR DE TROITAS BRAVAS, ASESTA UN BRUTAL VARADO VERBAL Á PROBLEMÁTICA DO LEITE NUNHA IMPACTANTE E LÚCIDA ENTREVISTA NO NOVAS DA GALIZA!!

















Branco , morno e do teto dunha vaca alimentada dun xeito natural na chaira luguesa , con isa lucidez e clarividencia fala Xosé Regueiro "experto bilhardeiro" como se apresenta no encabezado da espectacular entrevista que iste mes invade as follas do referencial xornal galego " Novas da Galiza " . Sen tapuxos e expondo alleo ós miserábeis intereses que ogocha todo o entremado do sector lácteo galego , o palanador de Troitas Bravas realiza un explosivo varado verbal dando unha leccion maxistral a todos ises dirixentes de medio pelo que botan balóns fóra , para nun máis ca lúcido análise sitúar á Galiza como o punto clave e central do problema e da solución non só no eido do sector lácteo senón extrapolado a todos os frontes . Un luxazo para a LNB compartir pista e loita con Regueiro , busca e procura no teu kioske ou donde sexa iste número de decembro do Novas e os sucesivos e deixa invadir os teus ollos e mente polo ar fresco do único medio independente galego..

















Un xornal cuxas páxinas ademàis xunto con Regueiro aparecen repletas de palanadores e palanadoras da LNB , deportistas todos eles implicad@s na primeira liña do activismo galego como acontece con María , a gran palanadora do EoNavia recentemente proclamada campioa do Abertinho da Matanza en Ribadeu que xunto co palanador da EkipA Bítere Raul acudiron á prisión Leonesa para o recebemento á portoas do activista galego José M. Sanches...Leite Galego Sempre, Adiante co Varal!!