O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 22, 2012

A PÉ OU A NADO...CONTRA AS PEAXES E ARAMIOS DE ESPIÑOS NOS CAMIÑOS , PALÁNS ERGUEITOS E PISTAS CHEAS NOS ABERTOS!!


Iste sábado no primeiro día oficial do inverno vermello que se aveciña , a tribo da LNB olla cara a mítica parroquia de Xil donde iste sábado a tribo a pé ou a nado chegará pese ós sucesivos atrancos de tipo legal e económico que dende o governo galego por medio do atraco a man armada ós palanadores e palanadoras que utilicen a AP-9 para achegarse ó novo Aberto puntuábel na Conferencia Rías Baixas.  












A pé 9 ou 900 a cita será ista sábado apartires das 16h . no pavillón municinal de Xil ( Meaño) , como toda a tribo sabe parada obrigatoria tanto antes coma despois do Torneo na mítica Taberna da Cancela . ó carón da capela das Angustias, para saudar e compartir intensidade con Abel a toda a indomábel tribo Canceleira sena cal nada do que estamos desfrutando hoxe en todo o sur galego terái sido posíbel. para ilustrar iste evento sen dúbida un dos cartaces máis curiosos de cantos se teñen realizado na hostória da LNB.




Unha história a da Liga nacional de Billarda que está intensamente relacionada e xunguida ós irmáns de siareiras galegas que iste sábado 29 no partido Galiza - Curdistam en Pontevedra terá un novo episodio cos activistas da LNB pondo en marcha o incendiario Aberto da Auténtica , impresionante unha vez máis a factura do video promocional do partido autoxestionado....Curdistam Sempre, adiante co Varal!!