O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 17, 2012

MARCOS DOS REMOURELLE BULLS FAISE CO GALO DA LNB NO SEU 2º ABERTO CONSECUTIVO E OLLA XA CARA CHITALU COMA ÚNICA REFERENCIA PARA ESNAQUIZAR RECORDS DE VICTORIAS!!

















Paláns ergueitos no mítico Aberto do Galo de Ribadeo que congregou no pavillón do Porta da Auga a toda a tribo da Norleste reforzada pola presenza dos poderosos palanadores e palandoras de Gharabotos que troixeron loita e festa á pista de xogo presisidada polo Apalpador da LNB , as láminas de Golpiño e Pincha e polo gran exemplar de Galo autóctono galego ó que como raposos e raposas famentos tod@s desexaban botar o dente...


















Un Aberto do Galo que é sen dúbida un dos torneos con maior prestixio no universo LNB , un prestixio que otorga a temia e a continuidade de todos os palanadores e palanadoras que ano tras ano loitan contracorrente para que o Galo ó igual ca nós chegue puntual á súa cita , unha actutude que deixa pegada no subconsciente colectivo ó igual que a marca de distinción e repulsa que a cagada do Galo da LNB deixa no parket do pavillón ...

















E para combater o frío ademáis da reclusion en pavillóns as equipas da LNB reforzan o seu compromiso e visibilidade coa fabricacion de espectaculares equipacion de invenro , ás sudadeiras dos Gharabotos únense as chaquetas de Extension Billarda , a equipa de Meira que fixo unha explosiva e referencial accion o sábado unha horas antes do aberto realizando o primeiro Abertinho de Billarda nunha boda celebrada en Lugo...

















Espectacion e actitude carcelaria nos palanadores e palanadoras que agardan tensos a súa carreira mentras as billarda buscan o varal ó igual que os presos un canellón para a fuxida.

















Ambiente sensacional nunha tarde de vento e chuvia que por momentos amiazou con deixar sen luz o Pavillón comoaconteceu no medio días con máis de dúas horas sen electricidade en toda a vila de Ribadeu , mais para elo tamén viñan preparados varios palanadores como por exemplo o gran Markitos de Billardeiros Musicais que gardaba na maleta unha espectacular billarda de visión nocturna para en caso extremos como lle acontecera na final da Ponte de Outeiro golpexar no oscuridade coa visivilidade dun auténtico gato raxado..

















Unha final que non tivo lugar niste gran Aberto do Galo xa que Marcos o gran palanador dos Remourelle Bulls foi o único que rematou cunha espectacular cartilla de pleno nas 5 carreiras con 10 puntos , un palanador que confima abrazando o Galo nunha espectacular entrega de premios a mans do Apalpador da LNB o seu impresionate estado de forma conseguindo o seu segundo triunfo consecutivo e ollando con fame de búfalo o campo de herba de Castro Ribeiras de Lea conseguir o que sería o seu primeiro Hat Trick da história ...Marcos ó igual ca varios especialistas en Varados, en declaracións a micro pechado na pista de xogo , comentaron que en cuestion de records a batir a referencia non era nen os goles de Messi nen Cristiano senón que a súa única meta dende agora era rachar a marca o referencial futbilista de Zambiano Godfrey Chitalu - Espectacular final cunha mesa de degustacion de petiscos e viño servidos polos irmáns da Taberna de Lola de Remourlle en torno á cal xa se comezaron a establecer os parámentros da explosiva nova edicon do Aberto dos callos de Aninovo...Galos e Galiñas Sempre ,Adiante co Varal!!

4 Comments:

  • At 3:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Cuidado, en Meira só hai un equipo de Billarada, os Tropa Lixeira, levamos na LNB desde o 2009, por medio de Mdemeira, que tanto fixo por vós. Eses de quen falades son escindidos e antibillarda, que quede claro.

     
  • At 7:36 PM, Anonymous Anônimo said…

    En meira hai boa xente, e tamén moito subnormal, e sobre maneira TI

     
  • At 12:03 AM, Anonymous Anônimo said…

    Non foro 10 puntos foron 9.

     
  • At 9:38 PM, Anonymous Anônimo said…

    Raza Loba!!!!
    Sempre Bulls!!!!!!
    Ata o galiñeiro sempre!!!!!

    Seareiro One

     

Postar um comentário

<< Home