LOITA POLO TEU FUTURO...COLLE O PALÁN E Á ALAMEDA DE OURENSE Ó ABERTO DE ISCA CONTRA A CONSTITUCIÓN!!
De Ribadeu a Ourense da man e do palán dos irmáns de Siareir@s Galegos que están a apresentar o explosivo partido autoxestionado do vindeiro 29 de Decembro en Pontevedra entre as seleccións de Gz e o Curdistán, desembarcan as indomábeis billardas da LNB nun gran Aberto contra a constitucion española hoxe xoves 6 D na Alameda de Ourense no marco das xornada de festa e loita contra o xugo legal do estado organozada polos irmans de ISCA:
Dende de ISCA! animámosvos a participar na xornada que celebraremos contra a Constitución Espanhola en Ourense. Un acto onde reivindicamos os nosos deportes populares e seleccións galegas, nun momento onde o Partido Popular segue a escudarse na crise económica, paraugas baixo o cal cabe todo tipo de iniciativa política de ataque á nosa sociedade e aos nosos símbolos que nos recoñecen como nación.
Por iso organizamos o seguinte acto:
-Ás 16:00 Aberto de Billarda. Alameda de Ourense. / Contacto>> 627.780891
-Ás 18:30 Presentación do
partido Galiza-Kurdistán por Siareiras Galegas no C.S. Sem Um Cam.
-Ás 19:00 Charla-presentación das equipas de Futebol Gaélico no C.S. Sem Um Cam.
No caso de que chova temos solicitado e concecido un pavillón cuberto en Barrocáns para poder facer o Aberto da Billarda.
-Ás 19:00 Charla-presentación das equipas de Futebol Gaélico no C.S. Sem Um Cam.
No caso de que chova temos solicitado e concecido un pavillón cuberto en Barrocáns para poder facer o Aberto da Billarda.
RIBADEU CO ABERTINHO DA MATANZA ACENDEU A MECHA DOS ACTOS NA GALIZA A CONTRA A CONSTITUCIÓN!!
Un acto o de Ourense que tivo o seu gran previo na vila de Ribadeu dinde Siareiros e a LNB apresentaron tamén o partido do 29 D en Pontevedra cuxa guinda final foi un explosivo Abertinho Nocturno da Matanza na praza da Casa da Xuventude en honra do xogador e militante dos Carabullo de Muimenta Ismael , que o sábado pasado trocou a data da matanza na casa por participar coa Auténtica en Xixón na desputa da Copa Cantábrica Liriu#Billarda, atentos ás pantallas porque en brave estourarán as impactantes imaxes...Contra a constitucion ,pola oficiaclidade das selecicons galegas e polo dereiro a matar na casa, Billarda Sempre , Adiante co varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home