O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, dezembro 27, 2012

PONTE VEDRA - GALIZA vs CURDISTAM>> 16 H . ABERTO DA AUTÉNTICA....POLA OFICIALIDADE DO NOSO DEPORTE NACIONAL!!














A alumeose é unha enfermedade que lle afecta ás estructuras de formigón coma as que forman as bancadas dos estadio de futbol , foi a mesma enfermidade que se lles contaxiou ós miserábies que dirixen dende os despachos da xunta  deporte galego , é por elo dende que as gaivotas asaltaron o governo non só non se apoia o clásico partido da selecions nacional de futbol senón que cada ano se poñan máis atrancos dende as isntitución para realizalo. Sexa como for, Siareir@s Galeg@s unha edición responde coa máxima do ataque coma mellor defensa , será iste sábado 29 de Decembro en Pontevedra cun espectacular abano de activiades entorno ó explosivo partido de Galiza - Curdistam , marco no que se celebrará o xa mítico Aberto da Auténtica apartires das 16 h. o recinto feiral da Cidade será un fervedoiro de palanadores e palanadores adoecendo por por ose beizos na botella de Licor Kafé que o acredite coma novo Auténtic@ Campión. E por se non fora pouca intensidade coma fin de festa espectacular concerto cuns convides dende EuskalHerria de auténtico luxo , Berri Txarrak que acaban de chear da súa espectacular xira europea descargarán sobre o esceario o seu brutal e paixal directo- Contacto Aberto >> 647.190789



E para quentar o ambiente , a ekipa da Faisca con Xosé Miguel á fronte aferrado á botella de Licor Kafé de Teo coma defensor do título , o seu anti-kapitán, Pinto  coa boneca aínda quente chegado do Abertinho na zona vella de  Bilbo, desgrana nunha alebrestrada análise de loitador de tudo vale os previos dun Aberto a Fume de Carozo no que ademáis de deixar o pelexo na pista será o reporteiro de guerra do Varal >>

Pontevedra, cidade caracterizada por ser "o maior desfile de moda diario do mundo", onde a rúa Michelena cada tarde se convirte nunha pasarela cibeles ( ou pontus-veteris para os localistas ), Cidade onde a xente prefire pasar fame antes que vestir mal, ou onde prefiren gastá-la paga semanal en zapatos, antes que en paláns e bilhardas do companheiro Tiago de Ponteareas, vai ver desfilar aos dous últimos insignes vencedores do aberto da autentica. Estes dous Top-Models, prometen dar espectaculo, e Bateas prometeu que se gaña X. Miguel ou Pinto do Faísca, faranlle o pasillo de honra como Bicampions deste espectacular torneo.

Comentan as malas linguas, que Xan rodiño anda enfermo por mor dunha E.T.S - que non A.T.S.- e é dúbida ata o último momento para este aberto, pola súa banda, Luis de Bateas, artista coñecido co sobrenome de "o pateiro nomade", chega a Pontevedra nun gran estado de forma, cabe destacar a súa volta á inxesta de proteina animal, en concreto, Porco, a seu universo sentimental tambalease por momentos por mor deste suceso, máis a él o único que lle importa é a victoria.

Dos irmáns Zipi-Zape, ou tamén chamados Christian e Iván, pouco podemos falar. Christian mora nun piso franco en compostela, onde cultivan marihuana e fuman canutos todo o día, polo tanto pouco vai por clase. Parece ser que a discoteca chamada Liberty, causa estragos neste pobre rapaz, que nunca saira da aldea, e agora vese na gran cidade acosado polas féminas. Parece ser que xa a meteu en adobo, que mollou o pizarrín, matou a anaconda dun só ollo, quitaronlhe o veleno todo, esprimiu a bilharda de carne...

Iván, anda en Adina tuneando a bici, xa lle puso as pegatinas douradas, e uns lacitos rosas no manillar moi monos. Prometo publicar fotos á volta de Pontevedra. Despidese o intrépido reporteiro internacional da LNB.


5 Comments:

  • At 4:40 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que atrasado anda o reporteiro, onde vai que bateas non existe

     
  • At 5:26 PM, Anonymous Anônimo said…

    Cristian é sen h, grazas.

     
  • At 9:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que inveja insaludável têm estes vigueses do glamour ponte vedrês. Cheirar cheira que mata mas o Pinto não sai daqui!

     
  • At 11:43 PM, Anonymous Anônimo said…

    http://1.bp.blogspot.com/-xsuLMrFxSLI/UGOSk2UwuyI/AAAAAAAAALA/ANiTxOJwLd4/s1600/perdon-por-el-retraso1.jpg

     
  • At 1:08 PM, Anonymous Anônimo said…

    están a cair chuzos, onde se vai xogar?
    Caghun dios co día de sol q estivo onte, pur que? pur que? pur que?

     

Postar um comentário

<< Home