O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 26, 2012

JONNY CASH NA PRISION DE FOLSOM??...NON, ISTE VENRES SERÁN EX_TENSIÓN AGRARIA OS QUE CHAMÉN Ó MOTÍN EN MONTERROSO!!









Fai unhas semanas uns dinosaurios foron rendirlle pleitesía a ise templo da miseria capitalista chamado Marineda City na Coruña , un desenchufado e unhas sinaturas de discos a catro pailáns e pista , uns cuantos euros no peto e a outra cousa bolvoreta..mais menos mal que no univeros do Rock e do desporto galego existen uns outros valores e referentes cos que combater de xeito contundente as miserias do estado colonial     no que aínda vivimos.

















Pois si , Heredeiros da Crus ó corte inglés e Ex_Tensión Agraia á cadea  tocar e compartir intensidades cos reclusos de Monterroso nunha xornada que terá como non podía ser doutro xeito o arrinque cun explosivo Abertinho ás portas da prisión no que se loitará por unha espectacular cunca chea de Tizóns do lume de Natal co que o campión ou campioa poderá escorrentar os males e as ánimas durante todo o ano. E atEnción porque o encargado de entregar o premo será o director dise medio dixital chamado MoreaBaleira que está a rachar moldes e cadeas no panorama galego e internacional , falamos por suposto dise referente absoluto do indixenismo galaico chamado Tonho Randeeira que estará formando parte da enxordecedora experiencia carcelaria de Ex_Tension Agraia endulzada por unhas espectaculares caixas de galletas de manteiga das nosas amigas da Granxa Maruxa de Monterroso

ORGANIZA XA O ABERTINHO DOS CALLOS DE ANINOVO...O MELLOS XEITO DE ESCORRENTAR OS MEIGALLOS!!
















Un Abertinho o do Tizón de Natal previo ó explosivo Aberto da Autentica iste sábado 29 en Pontevedra no marco do partido Galiza-Curdistam accións ambas que sementan o terreo para a reedición dos míticos Abertos de aninovo nos que os callos e os churrros conviven en harmonía coa resaca dos palanadores e palanadoras da LNB...Unha vez máis celebra a entrada do ano pola hora galega e ó mencer , antes de deitarte e para escorrentar os meigallos realiza o xa mítico Abertinho dos Callos!!