O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 14, 2012

PALÁNS ERGUEITOS O SÁBADO EN CASTROFEITO E O DOMINGO NO ABERTO DO GALO EN RIBADEU POLA LEXITIMIDADE ARTESANAL DOS IRMÁNS DE CERVEXA MENDUIÑA!!
















Nen sequera nista datas poderemos brindar en paz ...unha vez mais a xunta extende o seu xugo inquisidor a un dos máis firmes colaboradores da LNB , falamos dos irmáns de Cervexa Menduiña que ven con incredulidade como ao governo galego tenta anular a súa licencia de productores galegos artesáns por non se sabe que estranos motivos e sobre todo intereses das productoras cervexeiras industriais que ven neles e por estension an LNB un inimigo a aniquilar. Non o terán tan fácil Cervexas Menduiña fai as cousas ben e ten papeis e probas para acreditar a súa autenticidade como afirman no seu impactante berro no muro do seu facebook oficial e en caso de problemas teñen os paláns de toda a tribo LNB dispostos entrar en accion para executar a  xustiza cervexeiro-billardeira necesaia...



































Unha xornada na que as estornelas da Conf. Centro desafiarán unha vez máis o temporal anti-galego dende as diferentes instancias dun e doutro governo cun gran Aberto en Castrofeito na pista da Madalena , a cita será apertires das 16 h. . Atención porque será ño ar libre polo que todas as previsions son poucas , prégase puntualidade para aproveitar a luz solar e raiba necesaria en cada golpexo cara o Varal. Info e Inscripcion>> 654.232108


































E ó día seguinte a cita será a cuberto no pavillón Porta da Auga de Ribadeo donde se desputará unha nova edicion do xá míticpo Aberto do Galo da LNB , a entrega de premios correrá a cárgo do Apalpador que unha vez máis estará acompañanado á tribo do Norleste e que aproveitará ademáis para apresentar mundialmente a espectacular carta creada por RuÁn coa que os nenos e nenas do país poden dirixirse ó Carboeiro do Courel para pedir os seus agasooso artesanais , incluida a cervexa menduiña . E tamén distribuirá as láminas para colorear de " Golpiño e Pincha" e como guinda final haberá uns espectaculares petiscos animados coas poderosas gaitas dos gaiteir@s-billardeiros da LNB. Info e inscripcion>> 636.843377