O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 15, 2007

ARRINCA A COMPETICIÓN NA CONFERENCIA NOROESTE CON EPICENTRO NA CORUÑA!!

Iste domingo 18 na pista de Zapateira da Coruña cita histórica para o deporte Galego, xunto cos golpes do stick do Liceo os paláns da Conferencia NorOeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA van resoar en toda a cidade . Comeza a competición con catro franquicias sobre a pista para a partires das 16:00 h arrincar coa loita que desembocará no mes de maio en Compostela no fraticida play-off final polo título entre os mellores de cada Conferencia. Todo está preparado para iste domindo coller os paláns e coma xogadores de hockey sobre pés descalzos rachar coas cadeas de centos de anos de opresión deportiva, únete á tribu NorOeste dos aborixes do Varal!!