O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 05, 2007

HISTÓRICO MATCH POINT NA I COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA!!

TELE-VARAL amosa en exclusiva mundial o histórico MATCH POINT BILLARDEIRO que desnivelou a balanza nun ate ise instante axustadísimo partido entre as selecións de Asturies e da Galiza na pista polideportiva de Piyarnu. O marcador amosaba un empate a 1 setos e os dous seleccionadores tirveron que elexir os 5 xogadores que desputarían o sempre temíbel seto da morte ou do desempate. Facemos caso ó dito e aforramos as mil palabras deixando que sexan as exclusivas imaxes de TELE-VARAL as que narren que selección foi a que levou a tan desexada I COPA CANTÁBRICA. E cos nervios aínda a flor de pel, improvisada rolda de prensa a pé de pista dos dous seleccionadores nacionais , Xosé Pravia por Asturies e Ismael, O Zidane da Billarda , pola Galiza analizan estre os estalos iste gran choque internacional entre dúas nacións aínda sen estado que rachou coa furia das olas do cantábrico cando baten contra as rochas. E moi atentos á explosiva Repichoca Fotográfico-Documental que o Varal vai ofrecer xunto coas increíbles aventuras do Golpe en terras astures.

1 Comments:

  • At 11:21 PM, Blogger lnb-noroeste said…

    Dende a conferencia Norleste os nosos parabéns a todo O Varal pola consolidación da Copa Cantábrica e da auténtica, á que agardamos aportar máis palanadores no seguinte encontro.

    Coa billarda-LNB o espectáculo está garantido!!

     

Postar um comentário

<< Home