O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 23, 2014

O SOL DA PONTENOVA BRILA XA NA FOLLA DAS ESPECTACULARES NAVALLAS DE CONFORTO!!



















Xa todo preparado na intensa conta atrás para iste sábado a serpe multicor da  NorLeste invadir de novo o espectacular marco da praza dos fornos da Pontenova. @s troitas Bravas xa moveron as pólas da nogueira de Conforto para que a árbore soltase as noces e o referencia artesán local J. Rodil puxera unha vez máis ó dispor da LNB a espectacular coleccion de navallas conmemorativas do IV Aberto do Ferro coma premios para ista sempre agardadísima e impredecíbel enganchada...prepara os fígados e as billardas que as navallas xa están preparadas para propinar unhas boas molladas!!