O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 18, 2011

XESTOS COMPROMETIDOS E PRECISOS EN TUNEZ E TRAZO CAPACES DE TROCAR O MUNDO!!


O poder inspirador dun xesto individual, valente e desesperado pode trocar a vida de moitas persoas dun só golpexo, a súa maneira de enfrontarse á inxustiza e ate o destino dunha nacion enteira. Nun mundo cada vez màis interconectado e mediatizado , parece capaz de cambiar ate o destino de varias nacións á vez. O exemplo de Mohamed Bouazizi , o xoven licenciado tunecino que se suicidou inmolandose ó bonzo en decembro depois de que a policía local lle reventara o seu posto ambulante de verduras co que se gañaba a vida polo simple feito de non ter licencia. O seu xesto non só incitou á rebelión dos seus compatriotas ate derrocar ó sátrapa local senón que inspirou a cidadáns de paises veciños para coller o chisqueiro e acender a chama coa que alumear aínda que sexa co seu corpo chamuscado os vieiros cara á libertade. Xestos precisos e comprometidos coma o de Mohamed son tamén os que realiza cada palanador e palanadora da LNB cando decide entrar a formar parte activa da grande serpe multicor, iste sábado 22 en Trazo , non esperes á parella de bois e xúnguete ó arado de vertedeira co que facer os regos para sementar de estornelas a fértil terra da Conferencia Centro , chama e apúntate xa >> 653.643034

1 Comments:

  • At 10:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    O Avó de Amoedo - Palanador da Faísca- non tiña pasta para manter un boi, así que tiraba él do arado para botar as patacas.

    Ata que un día, que tanto esforzo tivo que facer, que morreu reventado por dentro.


    Hai outra lenda sobre este suceso que acostuma a contar Pinto - Outro palanador da Faísca-, él di que o Avó de Amoedo morreu reventado por dentro de tanto como comeu!

    Debemos lembrar, que o Avó de Pinto, morreu cagando.

    Galiza, terra de istorias de aldea!

     

Postar um comentário

<< Home