O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 22, 2013

A POLA COROZA....PERCORRE OS CAMIÑOS!!!



















A Coroza da LNB , o simbolo máximo da éxtase colectiva como pobo asilvestrado e indomábel erguerase de novo sobre o corpo dun palanador ou palanadora da LNB , será na máxica hora do lusco e fusco diste domingo 26 de Maio cando o ceo se abra de novo ante a impactante figura do Coroceir@ Nacional 2013 . Baixo os preceptos da autoxestion total e absoluta e coa única colabroación dos irmans de Cervexa Menduiña e da Asociacion de Veciños de Marrozos que vai por ademáis unha Cantina a pé de pista para calmar a sede dos acvtistas billarderios,  a LNB  asume todos os frontes organizativos incluida a da recepcion das delegfacions internacionais como van ser os irmàns da Conferencia Andalucía que nun paso ó fronte histórico van estar competindo ó maximo nivel nos Play Offs Nacionais e os activistas portugueses da BILHARDA.PT do centro de estudos galegos da Universidade do Miño que que anuciaron a súa presenza en Marrozos coa comandante Marisa á fronte. Marrozos terá como xa viña acontecendo pista de adestramento donde os palanadores e convidados poderán rebaixar e alibiar tensions e donde de seguro se artellan isas espectaculares accions paralelas que marcan sempre cada un dos nosos explosivos Play Off Nacionais.



Un Harlem-Shake literario que o gran gurú do indixenismo-galego  Tonho Randeeira inicou na mítica xira de furanchos do Xerro do Salnés cando se destapou o espectacular cartaz de Marrozos2013 e que de seguro dita danza de guerra terá continuidade na terra batida impulsada polos nosos  corazons quentes e acelerados .
)) Do mesmo xeito que o Camiño de Compostela vertebrou as rutas cara á Galiza. A Liga Nacional de Billarda xa ten establecidos os seus propios camiños de peregrinaxe. Algúns xa históricos como o " Camiño a Xil" , parroquia de Meaño , histórico recorrido que palanadores e palanadoras vidos de tódolos recunchos da Galiza facemos tódolos anos. De furancho en furancho . Barrantes para dentro e diaños para fóra ...e o climax final , o éxtase chegou coa presentacion do explosivo cartaz do Play Off Nacional 2013 . Se aínda non es da LNB faite antes de morrer ou de que maten , percorre os seus camiños ...agardámoste en Marrozos ( Compostela ti e eu) ¡¡Adiante co varal!!

38 Comments:

Postar um comentário

<< Home