O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 23, 2013

QUERIAMOS FINAIS DE ALTO RISCO? , POIS XA AS TEMOS >> A DO CONCURSO DE TORTILHAS E A FINAL NACIONAL POR EQUIPAS TEÑEN TODAS AS PEPELETAS!!

















Nas horas previas a tensión cara ó gra Play Off Nacional de Marrrozos córtase cun coitelo , sobre todo para unha das finais que sempre ten maior pegada pero que nista ocasión está a xerar regos de tinta e acaparar todo o protagonismos da gran muiñada billardeira , falamos naturalente da final de Equipas que en Marrozos pode convertirse nun punto de inflexion con siareiros e xogadores volcados no apoio total ás súas cores e folosofías de xogo . Sobra decir que calquera tipo de apoio ou apupos ós rivais deben ceñirse ó caracter deportivo para cando remate a final poder realizar un terceiro tempo en irmandade e naturalmente ó carrego dos gañadores de na Cantina-LNB a pé de pista xestionada pola Asociacion de Veciños de Marrozos . Un previo que está ate influindo nos alebrestados condimentos das Tortillas do concurso Gastronómico MilloCorvo-Carnelao que segundo se filtrou descurren xa dende os sesos de xato  á marihuana ou dende as criadiñas ás ortigas pasando polas algas flubiais e os coscos ...dende o minuto cero o espectáculo e a emoción están servidos no explosivo Play Off Nacional #Marrozos2013!! 

ACTIVISTAS-BILLARDEIR@S ANTIMINA SERÁN OS ENCARGADOS DE REALIZAR O SAQUE DE HONRA EN #MARROZOS!!



Un Play Off Nacional que de novo estará pegada á mais raibosa da loitas , por desgraza Rubén Sanchez , o Ciclista LNB como comenta na recente entrevista no Dioivo non  poderá estar en Marrozos pedaleando de novo coa serpemulticor da LNB en Marrozos e ralizar o saque de honra antes da final , unha acción que iste ano  será efectuada polos activistas antimina de Corcoesto e da Chaira  , Serxio representando ás aldraxadas terras de Corcoesto e á Conferência Bergantinhos e Ismael de Carabullo da Norleste representando á plataforma A ChairaNon se Vende realizarán o berro billardeiro contra o xenocidio mineiro na Galiza !!



Un berro que foi o detonante da posta en marcha da incendiaria Conferência Bergantinhos que vai estar en Marrozos esixindo a entrada no furacán billardeiro do que eles queren ser xa motor e parte impulsora , e para mostra un botón , non hai mellor metáfora que lanzarlle billardas ás portas e as fiestras nos internandos ou donde o sistema te teña acurralado para deixar claro o teu desacato total ós estamentos e ás leises dun estado que aínda lle nega o pasaporte biolóxico a todos aqueles palanadores e palanadoras da LNB que iste domingo van desfrutar da loita final pola coroza na area batida de #Marrozos2013!!

3 Comments:

  • At 11:03 AM, Anonymous Anônimo said…

    A Chaira non se vende, Corcoesto non se vende. O único que se vende é a farlopa en Almacéns Celso.

     
  • At 11:22 AM, Anonymous Anônimo said…

    Luis Gharaboto Camiña cara a victoria en Marrozos.

     
  • At 11:25 AM, Anonymous Anônimo said…

    Que hai de certo en que Xan Rodiño vaise alimentar o sábado a escondidas con carne para tentar gañar en Marrozos?

     

Postar um comentário

<< Home