BUEU , CORCOESTO E MUIMENTA...GALIZA É UNHA MINA DE ACTIVISMO BILLARDEIRO!!!
O venres " A Ceo Aberto " festival en Carballo contra a mineiría salvaxe , se segues vivo o sábado pola tarde no mesmo epicentro do conflicto , en Santa Mariña de Corcoesto , Aberto de Billarda contra o xenocidio ecolóxico e se aínda respiras o domingo manifa nacional contra a megamineiría en Compostela. E por se fora poucas motivacions en Santa Mariña estarán abrazando os paláns @s activistas da primeira equipa conformada no nova e incendiaria Conferência Bergatinhos , "Lampreas Billardeiras" é o seu nome e verter o sangue na pista e na tixola é a súa actiude!!
A faixas a pé de pista no Play Off Nacional de Marrozos unían a loita de Corcoesto coa da xente da chaira luguesa que tamén artella a súa defensa contra os plans mineiros na zoa, unha sinerxia que iste find. vai ter continuidade xa que ó día seguinte do Aberto contra a mina de Corcoesto , é dicer, iste domingo en Muimenta celebrarase o xa mítico Aberto da Filloa donde o berro da terra pedindo xustixa será un dos protagonistas da acción billardeira. Apartires das16 h no espazo billarda de Xotramu e coordiando pola equipa local de Carabullo e os activistas do Varal as billarda comezán a bruar....
Surxe a pregunta , pero existe algun tipo de Mina boa que teña cabida na Galiza....sen dúbida!! e o exemplo o dan equipas referencias coma Corredoiras da Conf. Sur que se botaron a realizar unha espectacular megaprospección mineiro-billardeira nos colexios de Bueu que vei ter unhas consecuencias brutais para dotar de efectivos as pistas de xogo da LNB ....Non os mires , colle o palán , o seu exemplo e inunda os colexios da túa bisbarra!!
1 Comments:
At 1:09 PM,
Anônimo said…
Non a central nuclear de springfield
Postar um comentário
<< Home