O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 17, 2013

TODOS OS CAMIÑOS E OLLADAS CONFÚEN NUN MESMO PUNTO : "MARROZOS 26 DE MAIO" ....COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL 2013!!














Foto Nachok / Ista edición do Play Off Nacional da LNB veu inexsorabelmente marcada pola migracion de esceario , a temática elexida por Nachok para ilustrar o cartaz ofical diste Play Off Nacional 2013 ,  que supón a muda da mítica terra de Conxo ó campo de futbol de terra da parroquia Compostelá de Marrozos . Nunca alí se desputou un Torneo de Billarda polo que a serpe multico da LNB selará con ferro quente o seu brutal atrevemento . É por elo que se fai mais necesario ca nunca levar uns firmes pilares donde construir isa monumental obra mestra da inxeñería billardeira que son os Play Off Nacionais da LNB:

- XANTAR AUTOXESTIONADO E NOVA EDICIÓN DO PREMIO MilloCorvo-Cenelao Á MELLOR TORTILLA do Play Off Nacional!!

Como aconteceu no pasado Play Off Nacional o xantar será autoxestionado organizándose por conferencias, equipas ou de xeito individual para levarar cada un o seu xantar e unha vez en Marrozos comerase nas mesas e bancos que a xente de Xogos Tradicionais de Conxo con Mario á fronte vai ter situadas a pé de pista. Nen decir ten que os diferentes manxares unha vez alí se misturaran e correrán coma o lume na herba seca entre os palanadores e palandores . Viño e licor café correrá a regos mentras os xuices do Xurado-Gastronómico da LNB proben as tortillas da nova edición do Premio Millo Corvo-Carnelao á mellor e máis arricada Tortilla do Play Off Nacional ... ide pelando as patacas e batendo nos ovos porque a tixola xa está ó lume!!

- AUTOXESTION DOS TROFEOS DAS CATRO CATEGORÍAS:

Hai que facer especial mencion á lamentábel actitude do Concello de Compostela que se negou a colaborar coa LNB negándonos a dotacion de trofeos como fixeran noutras ocasións , isto hai que sumalo ó despropósito de termos que mudar Conxo por Marrozos ante unhas supostas obras de acondicionamento do terreo de xogo que ían ter lugar iste ano e que nen sequera iniciaron. Ë por elo que non se desbota un escrache billardeiro ó alcalde e toda a corporacion Compostelá no lusco e fusco do 26 de Maio co coroceir@ nacional saínte ó fronte!!

ISTA É A RELACIÓN DE TROFEOS PARA XESTION DAS CONFERENCIAS:

- Conferencia NorLeste: trofeo individual absoluto (o orixinal levaráo o actual campión) 
- A NorOeste: trofeo para Varados
- O Centro: Trofeo feminino
- Rias Baixas e Sur: Trofeo para equipos

E POR SE NON FORAN POUCAS NOVIDADES... MARROZOS INCORPORA Á PRIMEIRA CONFERENCIA EXTERNA Á LOITA POLOS TÍTULOS NACIONAIS DA LNB!!













E moito ollo porque non son mancos , toda unha tempada competindo ó máximo nivel  a Conferencia Andalucía preparouse a reo no seu campo base gaditano popularmente xa coñecido coa " Toxo Verde" para dar a camapaada en Marrozos e sorprenser a propios e estranos coa tácnicas aprendidadas de Luis Camiña ,  gran impulsor diste impredecíbel coctel molotov que mistura o albariño e a manzanilla  .Aseguran que non veñen de "férias" ,  Billarda-Cádiz collen relevo en Marrozos da mítica parella de andaluces con dóbel nacionalidade que vestiron a camiseta de Auténtica " Michele e Joaquín " van facer máis de 1000 km e non están dispostos a voltar coas mans valeiras.  

LNB ANTI-FAN ZONE "MARROZOS"




















Iste sábado será cando a Conf. RíasBaixas fianliza o seu periplo regular e certificas os ses pasaportes nas diferentes categorías para o Play Off Nacional de Marrozos , será apartires das 16 h. nun Aberto a cuberto no Pavillón de Baltar en Portonovo para despois a iso das 20 h da Tarde cando remate o partido desfrutar por todo o alto dunha de seguro espectacular Gala de entrega de premios no Pazo Emilia Bazán que se alongará ate altas horas da madrugada. Unha festa que terá a súa continuacion o sábado 25 de maio en Ponteareas donde se desputará o partido internacional de Billarda-Txirikila entre as seleccions nacionais  Galiza e EuskalHerria que terá como previo a desputa do derradeiro aberto puntuábel na Conf. Sur que tan só unhas horas antes dará a entrada no teatro dos soños de Marrozos ós palanadores e palanadoras disa   poderosa conferencia. E atencion porque será  na LNB Anti-Fan Zone de Marrorros estará ca COROZA DA LNB doada polos irmáns do Restaurante Gata Meiga de Poio e será donde donde as grandes estrelas da LNB e campións nacionais déan as roldas de prensa , atendan ós fans , dende donde  Radio Cabalinho teña a súa unidade móbil e donde se celebren os diferentes actos lúdicos coma o concurso de lanzamentos de dni para todos aqueles que queiran conseguir o seu canet billardeiro , almanake LNB ou algunha  sorpresiña máis...Nen un paso atrás , Adiante co Play Off Nacional 2013!!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home