COMPOSTELA INTIFADA BILLARDEIRA>>>NON ESTIVEMOS TOD@S , FALTARON OS DETIDOS!!
Fomos moitos os que desafiamos as lagañas para dende primeira hora diste domingo 8 realizar a tan desexada xornada de intifada Billardeira, e non fomos sós , dende o país veciño, Marta, Xuacu e Carlos esfolaron as fronteiras para ás 5:30 da madrugada arrincar dende Uvieu para seguindo as coordenadas de loita de irmandade entre o Liriu e a Billarda chegar á estación de bus de Ribadeu donde agardada a Guagua para adentrarse xunto cos compañeiros dos Bolos de Xove na tormenta rumbo a Compostela.
E no barruzo da mañá puxemos o noso grau e area no despegue do plan estratéxico na súa presentación oficial no pazo de exposición e congresos de Compostela donde os Furabolos e o poder do sur representado por Moisés , Rubén e unha nutrida representación da Asemblea Aberta encabezada por Santi agardaban cos brazos a bertos e os palans preparados á mítica guagua vermella encabezada por Carmiña e Calvete.
Xantar de irmandade preto do aeroporto donde a Guaga xusto antes de aparcar sentía tamén no lombo as xostradas do bilingüismo harmónico que a tan só uns km golpexaba e apreixaba a varios palanadores da LNB que por apoiar cos seu berros e co seu corpo o idioma da terra mollada remataban detidos na gaiola da sinrazón feixista.
Non estamos todos , faltan os presos!! era o sentimento unánime niste Aberto máis solidario ca nunca , cada golpexo da billarda contra o palán transmitía apoio ós compañeiros retidos a tan só uns metros de distancia na comisaría, transito de novas que acompañanban a cada recén chegado ó Pavillón de Fontiñas donde o Aberto se estaba desputando dende as 16 h. Sentimento de raiba masivo que fixo que os copos de apoio ós compañeir@s de Almuinha se foran enchendo de moedas para arrebolar os 10.000 céntimos de euros no concello de Marín, venda masiva de Billardas-Solidarias feitas por Santi que segundo as novas atopábase entre os apreixados xunto con outro militante da Conf. NorOeste.
A ista alturas da tarde a pista de Fontiñas estaba xa minada de Billardas-Solidarias para despois dunha maxistral xestión deportiva con implicación das 3 conferencias baixo a coordinación a doble pista sempre perfecta do sur , establecéronse os emparellamentos das roldas finais que desembocaron nunha espectacular final norte-sur entre Ginés e Moisés a pista completa , pavillón a rebosar e os focos e os centos de olladas chantadas nistes dous palanadores que plantexaron un dasenlace final ó mellor de tres carrieras
Empate a 1 no primeiro trinque e a morte súpeta colocou á Ginés dos potentes Remourelle Bulls no máis alto despois de dobregar a un moi atinado Moisés dos Culombios que en Campostela rendíu a un nivel impresionate ameazando ate o último suspiro o título diste Aberto, puido ser que o traizoaran os nervios e a presión abafante dun público totalmente entregado á causa para darlle chagüi a Ginés que con ista victoria fai pleno acadando o segundo título en Abertos de convocatoria Nacional da tempada e que ameaza con encher as vitrinas cun posíbel Hat Trick no Aberto do All Stars 2009 de Ourense.
Unha vez máis hai que felicitar en primeiro lugar a toda a xente do Novas da Galiza , compañeiros de viaxe sen os cales nunca iste nen moitos outros abertos poderían ser posíbeis, esforzo e compromiso coa independencia é a nosa condea , a Gentalha do Pichel que colaborou tamén para que ista xornada saíra adiante esquivando as minas no camiño que ameazaron con facer chimpar todo polo aire en calquera instante, a Xavier Rico , porque demostrou ser un valente acudindo á chamada da tribo LNB que pola mañá deixarara o seu berro no salón de actos do Pazo de Congresos , porque ó contrario do que moitos pudieran pensar a LNB demostrou saber estar á altura en todos os frontes nos que se implica.
Venceu Ginés un torneo Solidario con Palestina e cos Represariados no que unha vez máis demostramos, e o que é mais importante, demostrámonos o nós mesmos, que somos capaces de facelo. Non tememos as bombas en Gaza nen as xostradas do bilingüismo en Compostela porque Palestina vencerá e nós tamén.
2 Comments:
At 6:46 PM, Ghanito said…
Sinto tentacións de criar unha lenda con isto porque din por aí que sendo detido fódese moito, porén como eu estou felizmente casado coa señora Colombo podo dicir a verdade:
Ghanito non foi detido na manifa o domingo en Compostela.
Entre outros moitos motivos, porque non estiven aló. :D
Grazas ós que estivestes preocupados. :-)
At 11:53 PM, Espor d'Asturies said…
les espores del CNL yá tan nu aire http://liriu.blogspot.com
Postar um comentário
<< Home