O ESPÍRITU BRAVÚ INVADE A LNB COA PODEROSA ESCRITA E GRAN VICTORIA DO PALANADOR DOS BULLS "MARCOS CHANKLI" NO MITICO ABERTO DE FLORES!!
Unha cinta de k7 mercada nun bar mítico coma o Cabaleiros de Lourenzá foi quen de trocar cando, menos o rumbo de algunhas cousas, unha delas , segundo el mesmo relata , o curso vital do gran palanador Bravú dos Remourelle Bulls Marcos Chankli , e maxistral vencedor iste domingo no xa mitico Aberto de Flores , deixou fonda pegada con cada un dos seus poderosos golpexos diante do gaiola da miseria moral tamén coñecida coma pista de padel en San Miguel de Reinante , unha fazaña co palán entre as máns ( documentada nunha fabulosa coleccion de fotos a ollo de rapiña do Gharaboto Luis Camiña ) só equiparábel ó brutal e apabuiante estalo-literario verquido no último número do referencial Bruar dos Bulls . O dono daquel local de Lourenzá por vontade propia fai uns meses decidíu cruzar a barreira do máis aló , O Verme Homicida sobrevive hoxe no corpo mutante do Rei Mukade e coma bérrago indomábel no corpo dos Ex_Tension Agraia e as pistas da LNB son isa espazo de resistencia donde o poder non puido nen poderá penetrar xamais e donde o lume bravú arde en cada varado coa forza dun Bulls ferido coma Marcos demostrou con ista súa gran victoria e con cada un dos seus golpexos con arrecendo a bravío dentro e fóra da pista , xa sabes......
SE NON ES BRAVÚ FAITE!!
SE NON ES BRAVÚ FAITE!!
Cando comezaba a coñecela realidade, alá por mediados dos noventa atopeime
de cheo co rock bravú. No colexio os compañeiros alucinaban coa cinta de casette dos
Skornabois. Lembro perfectamente que a mercara no Cabaleiros. Era a moda.
En calquer punta do país surxían grupos dun estilo ou doutro, pero que
compartían todos eles o idioma: cantaban en galego. Todos eles formaban o auto-
bautizado Rock Bravú.
Xente que quixo facer as cousas como a eles lles petaba, sen queninguén lles impuxera nada, nen tan siquiera ningunha etiqueta. Os Rastereros de Chantada, Os Impresentables de Vimianzo, O Caimán do Río Tea de Ponteareas, Skornabois de Lourenzá, Xenreira da Estrada, Os Papaqueixos da Coruña, e como non Os Diplomáticos de Monte Alto, entre moitos outros comezaron a andaina conxunta no Castañazo Rock!!
Xente que quixo facer as cousas como a eles lles petaba, sen queninguén lles impuxera nada, nen tan siquiera ningunha etiqueta. Os Rastereros de Chantada, Os Impresentables de Vimianzo, O Caimán do Río Tea de Ponteareas, Skornabois de Lourenzá, Xenreira da Estrada, Os Papaqueixos da Coruña, e como non Os Diplomáticos de Monte Alto, entre moitos outros comezaron a andaina conxunta no Castañazo Rock!!
Anos despois o movimento Bravú esmoreceu, pero como dixo o referencial Pinto de Herbón “onde houbo lume, sempre quedan as brasas”, e é certo, a semente bravú oxe en día vive na Liga Nacional de Billarda.
Desde os primeiros anos deste século XXI, un dos que xa impulsou o Bravú, Xermán Viluba, colleu o touro polos cornos e puxo a andar a LNB, que comparte do bravú básicamente dous puntos: a ilusión e máis a autoxestión.
De tódolos xeitos, a billarda creo que terá unha vida máis longa, xa que é quen de chegar a tódolos públicos e consegue enganchar tanto a un rapaz ao seu pai ou ao seu avó. Calquer palanador que cada fin de semana acode a unha xornada da LNB leva dentro un indomable espíritu bravú, e se non o leva, non tardará en metérselle dentro, e senón, ao tempo!!
Imos indo . . . imos vendo!!
(O Bruar dos Bulls ) Marcos Chankli Fernández
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home