A BANDA SONORA, A LISTA DE CONVOCAD@S E O COMBUSTÍBEL DA AUTÉNTICA...TODO EN MARCHA CARA UN NOVO E HISTÓRICO DESAFÍO CANTÁBRICO!!
Todo en marcha para iste sábado 1 de decembro a Auténtica ensinar os dentes de novo na praza da Llaboral de Xixón nunha nova defensa da Copa Cantábrica , a competicion de billarda entre nacionas sen estado maís importante de Europa que ista ocasion se alía co festival Liet International_2012 para facer do evento un dos epicentros históricos da cultura da europa do pobos. Flores xa ten configurada a agardadísima lista de convocad@s , unha restra de nomes que a Plataforma de xestión da Auténtica PxA , publicará de xeito inminente no noso facebook oficial . Mais a preparación para a Copa Cantábrica e o posteior Abiertu do Liet escomezará na espectacular serpe de carros que cruce a ponte dos santos direccion a Xixón atronando nos bafles dos coches a espectacular Cassette dos Ex_tension Agraria , o potente grupo de rock anti-sistema de Bretonha ademáis de aportar varios dos seus compeñentes á Auténtica será a Banda Sonora perfecta para motivar e giar á Auténtica cara a victoria final.
AugaVella...O PODEROSO COMBUSTÍBEL DA AUTÉNTICA!!
E ademáis os Ex_Tension tentarán establecer contacto cos delegados do Liet International para tentar converter o Arxina coma unha lingua oficial no festival ó carón por exemplo do basco , bretón , asturiano , frisio ou gaélico . Foi ista unha das consigas do grande brinde no último ensaio do grupo en Bretonha co que os Ex_tension Agraria abriron unhas das botellas de Licor Café de AugaVella, a licoreiría de Chantada que dá un firme paso ó fronte ó apoiar á LNB niste seu novo desafío cantábrico patrocinando a que de seguro será unha explosiva Cata de Licor Café a pé de pista para contrarrestar a sempre perigosa Espicha de sidra dos nosos irmáns do Conceyu Nacional do Liriu...Opa Hostil á Repunancia, adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home