O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 10, 2015

XENDERAL , O RAGGA-PALANADOR DIRIXIRÁ AS INCENDIARIAS INCURSIÓNS LNB EN POL E NA SARDIÑEIRA!!
















Dúas franquicias indíxenas e unha mesma fin ....a de exterminar e pulverizar o horizonte coas billardas e a festa post-aberto , coa Carballeira de Mosteiro coma campo base os lokais aborixes de Polka e os activistas-LNB de Ex-Tension Billarda sumaron forzas , puños e impulsos para que iste sábado quede marcado coma o ferro quente na pel das bestas bravas en todo o subconsconciente colectivo da serpe multicor da Norleste. Dende as 15:30 h  ate a madrugada , billarda e festa á esgalla cun cartaz que quita o hipo que terá ó ragga-palanador de Cerceda Xenderal coma teorico peche de festival billardeiro...




















un ragga-palanador que moi posibelmente non se deite porque a iso 11 h- da mañá do día seguinte domingo día 12 no mítico espazo para a LNB da Sardiñeira no mesmo corazón da cidade da Coruña , o tribo da NorOeste acudirá en masa para desputar o seu derradeiro aberto puntuábel da tempada...Billarda Sempre, Adiante co Palán!!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home