O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 15, 2015

BILLARDA E LUISTERATURA >> DROGAS PARA UN CORPO INCAPAZ DE DURMIR!!

















Espectacular emprazamento o que os activistas de Polka puxeron á disposición e toda a serpe multicor da LNB , un marco o da carballeira de Mosterio que despois de acoller o brutal Aberto a ceo aberto está xa nas axendas da carraxe para acoller futuras e alebrestradas perfomances billardeiras...


















E por se non fora pouco o colpaso emocional na pista de xogo na carpa fan-zoneLNB con barra e esceario prodúxose un dos intres máis agardamos distes case 10 anos de selvaxe andaina , a presentacion de Luisteratura , o espectacular libro escupido e autorditado polo gran palanador dos Gharabotos Luis Pirucha, que de mans de Manu de Polka aterrou na pista de POL para estarcar de odio, amor e aborrecemente poético todos os campos de billarda , futbol gaélico e demáis leiras contra-culturais..


















A Ceo Aberto foi un aberto coordinado polos acticistas de Polka mais en colaboracion cos referenciais Ex-Tension Billarda que dende as terras de Bretoña e Meira carrexaron a súa indomábel traia e forza indíxena . E pora demostrar o importante do evento Ex-Tension Billarda estivo na pista dirixido polo seu implacábel presidente de franquia , o popularmente coñecido coma Ficas que lucíu un impactante look para protexerse do sol e dos flashes da prensa sensacionalista...

















E antes da final absoluta celebrouse no lusco e fusco de Mosteiro un espectacular Abetinho infantil no que as crianças da LNB desfrutaron a eito sementando de billarda iste noso futuro imperfecto...

















NOITE -  Noites creativas / ideas que queiman / a tinta da pluna / o cheiro a pintura / drogas para un corpo / incapaz de durmir.   [ LUISTERATURA ]

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home