A LNB AMOSA O SEU PODEROSO MÚSCULO NO XERRO_2015!!
Hai un algo que atrae a palanadores e palanadoras de todas as conferencias do país á "desfruta" do Xerro do Salnés , un algo tan poderoso que alimenta e engraxa todo o noso ser colectivo..
Con títulos tan suxerentes e explicativos como a "Gran familia da LNB" , tituláronse as espectaculares imaxes de toda a serpe multicor previas á inmersión brutal nos furanchos
Pero antes de aterrar en Xil a Guagua da LNB que partira dende Ribadeo fixo parada técnica nos territorios Furabolos-Trouleiros do Bar Cruceiro do Pino para coller forza e impulso co que asaltar o Xerro 2015
E ó chegar á Taberna da Cancela mentras as primeiras cuncas acariñaban os noso beizos celebrouse a gran asemblea de análise técnico cara ó Play Off Nacional 2015
E comezaba o tan agardadísima xira de furanchos , dirixidos por Abel da Taberna da Cancela e coa banda sonora de Fachenda Galega , a sepre multicor da LNB con cada grolo escaba un peldaño máis na escaleira cara ise ceo cor violeta..
un ceo no que ate hai espazo para a alebrestrada celebracion da apoloxía vital dos cumpreanos
Unha vez máis apresenza da conferencia sur foi determinante para que
a xira de furanchos alcanzara isa éxtase total e absoluta...
cuxo golpe definitivo para acadar o Varado emocional da xornada foi a interpertacion do Grandola polo anti-koro da LNB dirixido maxistralemente por un pletórico Chouisa , palanador chairego bregado en mil batallas nas trincheira sonoras dos cantos de taberna.
Parada para o xantar de irmandade ...
e directos para o pavillón de Xil por mor da intensa chuvia que impedíu o normal desenrolo do Aberto na mítica pista da capela das Angustias
E camiño de Xil na Guagua da LNB os activista do palán da conferencia mae lían impactados no xornal que un oso pardo fora alvistado nos montes de Fornia a noite anterior , unha inspiracion e forza extra para os xogadores de Pena Verde , a franquicia de Trabada , que formaban parte da expedicion reconquista do Xerro2015. Sexa como for , pola presenza do oso e polo acerto da gran estrela emerxente dos PenaVerde , Iván Gomez , venceu e convenceu no sempre compricado e impredecíbel aberto do Xerro . O xerro voltou para o Norte da man de Iván de PenaVerde que leva para si unha espectacular botella xigante de albariño que compartir con toda a súa franquica PenaVerde e co oso de Fornia se tamén aparece..Xerro Sempre, Adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home