![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2y_cqN8J2GoipfIEY7C7rnXgUSDJaMt0BEeN9kPWnlOxOjEWVFctkmFcNe-R316QbE5PkPPyH3Qn71GkxRd1xs4RgYfX00unq0LvRX6ZSIx9cxhEeqsv6Jgldy2v5Zj1q0bzo/s320/AMERICA.jpg)
A LNB dirixe os ollos cara ós estadios de Venezuela para ver a excepcional organización da Copa América e copiar e adaptar códigos organizativos á nosa competición . Se algún día Galiza chega a ter a sorte de contar con dirixentes da talla de Evo Morales e Hugo Chavez será un pracer convidalos ó saque de honra xunto co noso sempre admirado Diego pero mentras iso non chega haberá que foderse. A LNB está xa a preparar intensamente as novidades que vai traer a SUPERLIGA 2007-08 na cal xa se está a estudar calendario e no que de seguro as franquicias terán que contar cun número máximo e mínimo de palanadores polo que se queres entrar no sempre sorprendente DRAF da LNB podes xa porte en contacto [ovaral@hotmail.com]. Nista vindeira tempada a LNB quere fortalecer o entramado das BRIGADAS-LNB espalladas polo país polo que a GUAGUA vai de seguro botar lume, se queres ser brigadista e formar unha Brigada-LNB na túa vila , parroquia ou cidade non tes máis que mandar un correo ou chamar ó 619.570976, e moi atentos porque despois do tremendo éxito da
TENDA-LNB , ista prepara sorprendentes novidades para o intenso tempo e verán. Racha co imperialismo deportivo e faite brigadista!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home