ISTA FIND. COLLE O PALÁN E REVÍRATE...PORQUE NON ESTÁ O FORNO PARA BOLOS!!
Polo xeral as radios marcan a banda sonora de cada unha de tódalas panadeirías do páis , naturalmente na Pallares de Sarria tamén e por desgraza xa non poderán sintonizar máis con referencial Carne Cruda , o programa que se emitía nas tardes de Radio3 que o novo director ven de elimar da grella ó igual que acontece co seu homólogo galego Radio Oceánica tamén decapitado polo seu activismo e compromiso sonoro da grella da RMG . É por elo que iste domingo en Sarria e no resto dos Abertos que ista find invaden a xeografía do noso boi da chega servirán para entre outras cousas atizar con máis madeira ó lume enteriro que con mais forza cada vez arde en cada un dos palanadores e palanadoras da LNB . Lume que prende intenso nos forno da Panadería Pallares para eleborar os espectaculares trofeos de Pan auténticamente galego que servirán para alimentar a gloria dos vencedores e cada un dos participantes no I Aberto do Pan que se desputará iste domingo apartires das 16:30 h. na vila de Sarria xa que todos os xogadores e xogadoras inscritos niste gran aberto que abre fenda billardeiro no sur lugués e consolida a acción do xa mitico Aberto do Castanhazo de Chantada , terán coma recompensa exclusivos e exquisitos petiscos de pan e derivados da fariña. A cita iste domingo ás 16:30 h. coordinado polos irmáns da A.C SARRIACANTA as billardas da LNB bruarán na Rúa Castelao de Sarria ó carón do Polideportivo. Info e Inscripción>> 649.325103
SÁBADO >> ABERTO DO FESTIVAL DAS MINAS NA PONTENOVA!!
E continuando nos terriotorios da Conferencia Mae a tribo da Norleste iste sábado xusto despois do xantar e xunto cun chupiño de augardente ou Licor Café as 15 h. na Praza dos Forno da Pontenova poderás coller o palán e desenferruxar o ferro da túa billarda no explosivo Aberto de Billarda no marco do VI Festival da Minas , unha ocasion bárbara para acudir á vila na busqueda do ferro co que armarte cara á ofensiva brutal que a LNB preapara niste arrinque de tampada. Dende logo ó igual que o troco de grellas en radio3 o cartaz dista edición do festival tamén sufríu notorias modificación á baixa na temperatura dos fornos respeitos de pasadas edicións. Info e Inscripción>> 699.362061
E trocando de Hemisferio pasamos ó fronte Sul arrincando a acción en Pontevedra que se atopan mergulladas nas fachos da Feira Franca , festas que Mediavalizan as rúas e a vida da cidade e que iste ano ten por un casual ás billardas da LNB en escea mediante a surrealista acción da compañía teatral Kullsad de Valladolid que realizou unha video-montaxe sobre os deportes tradicionais galegos por encargo de Concello de Pontevedra. O estreo da peza será iste venres e alí estarán membros da LNB que participaron na montaxe . A volta ciclista a españa pecha a saída na próxima edición dende as Rías Baixas , o concello taurino de Pontevedra encarga un traballo sobre deportes galegos a unha compañía vallisoletana.... somos gilipollas ou qué carallo pasa para non botar a paus a alcaldes e presidentes diste puto país?
SÁBADO >> ABERTO DO FESTIVAL DA POESÍA EN SALVATERRA!!
Xustiza poético-billardeira é que necesitamos agora màis ca nunca e isa é a máxima que vai dirixir as pinchas que iste sábado invadan de novo o Festival da Poesía do Condado en Salvaterra do Miño, a serpe multico da Conferencia Sur amosa os dentes unha vez máis coa celebración diste referencial e explosivo Aberto que marca o carreiro cara a unha nova tempada de xeo e lume na sempre efervescente Conf. Sur. Info e Inscripción >> 647.190789
SÁBADO >> ABERTO PUNTUÁBEL PARA CONF. RÍAS-BAIXAS NO GROVE!!
E será no Grove , iste sábado ás 16:30 h. en plena operación saída cando as billardas da recén reformada Conferencia Salnés coma Conferencia RíasBaixas arrinque a súa andaina. Durante toda a semana un coche con megafonía fo anunciando o " Campionato Mundial de Billarda " apoiado por un "consorcio de empresas da zona" , xa sabedes pois cando vaiades asaltar supermercados ou establecementos asaltyade todos aqueles que non apoiaron á LNB. A cita iste sábado ás 16:30 h. na Praza Maior do Corgo do Grove. Info e Inscripción>> 607.338953...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!
2 Comments:
At 11:20 AM, Anônimo said…
Porque?,,Porque?,, PORQUE NON TOCARON OS EX-TENSION NAS MINAS??? QUEREMOS UNHA EX-PLICACION!!!
durante semanas estaba o rumor pola pontenova que a banda lnb ia estar no festival,,, que aconteceu??
At 11:22 AM, Anônimo said…
por certo,,, lamentabel cartel o diste ano!! quen coño contrata os grupos??
Postar um comentário
<< Home