O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 24, 2012

SÁBADO NO FESTIPOTE "ABERTO DO VIÑO E CHOURIZOS DO PAÍS" E O DOMINGO EN DENA CANFURNADA CHURRASCO#BILLARDA!!



















Cos activistas Extremeños asaltando un supermercado en Mérida a LNB colle o rego da urxente nacionalización dos alimentos e bebidas básicas para apoiar ós irmáns do SAT e coma previo brutal da acción billardeira que a LNB xunto co SAT preparan en Al Andalus ista find. o carriño da compra arinca o seu ruxir nos territorios da Bezouqueria donde depois de varias tiras e afrouxas o poderoso Esquíu Bezouqueiro logrou facer que os irmáns responsabeis do referencial FESTIPOTE de Maniños en Fene entrarn en razón para realizar un explosivo Aberto do Viño e Chourizos do Pais co que quentar bonecas e gorxas de cara ó inico do concerto . O Aberto coordiando pola poderosa tribo Bezouqueira capitaneado polo subcomandante Serxio arrincará ás 20 h. na espectacular Campo do Pote , e achégate con fame e sede porque o campión ou campioa levará unha espectacular botella de viño do páis e os tres primeiros clasifiacados cadansúa parella de chourizos do país ó viño..... asi , así , así se fai PAÍS!!!  Contacto>> 650.731353



















E tan só unhas horas depois no marco da explosica II Feira do Churrasco ás 11 h da mañán do domingo 26 de Agosto nos Pasales de Dena ,  moi preto da praia donde insultaron a Rajoy e a toda a súa familia, poderás desputan o derradeiro Aberto de preparación antes do arrinque o 1 de Setembro da aínda vixe Conferencia RíasBaixas. No paises da asia central soen almorzar co caldo de osos que sobraron da cea anterior , moito nos tememnos que nen os ósos van quedar en Dena no xantar de irmandade posterior ó Aberto mostra inequívoca da fame de títulos de cada un dos palanadores e palanadores do poderosohemisferio sul galego...Txumitxuurri , churrasco e billarda!! Contacto>> 659.553543