O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 19, 2012

FALA , LOITA E FESTA LABREGA!!

















Find de emocións fortes e intensas...cando o Conjunto Folkgazais chegaron a Cancio prestos e dispostos para realizar o seu asalto ó esceario puideron comprobar a terrorífica mostras do campo de batalla billardeiro. A explosiva coordincaión dos irmáns de Madia-Leva deixou semente de victoria para sucesivas e brutais accións en Negueira de Muñiz. Paralelamente ó apoio á Fala na terras do Salnés realizábase a segunda edición do Aberto da festa labrega no enclave montañoso de Bordóns . Pistas deportivas desertas en paraxes ocultos que a LNB utiliza para chamar a atención sobre a súa existancia e chamar a atención sobre a construccion distes mamotretos inútiles só válidos para encher os petos dos miserábeis e corruptos políticos de turno. No web-blog da conferencia salnés reconstituioda en Rías Baixas tes os resultados diste aberto entre as penas dunha posíbel ex-canteira nas alturas do concello de SanXenxo mais donde de seguro están estourando barrenos é na pretempada na chaira luguesa que aínda manteñen out o seu explosivo voceiro oficial polo que moi atentos á irrupción volcánica dos Tropa-Lixeira...Fala Sempre, adiante co Varal!!