O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 12, 2012

DE TRIPAS CORAZÓN....A CAMISA DE FORZA DA LNB!!

















Impresionante imaxe de Adrian , o baixista de Ex_Tension Agraria e xogador do Muralla Clube de rugby , participando no incendiario Abertinho das Tripas no Minibar de Ribadeu . Ducias de palanadores e palanadoras tentaron un pouco antes do concerto introducir a billarda no Varal construido coas muletas do manager da gran banda de Bretonha.

















E como xa é norma nos concertos de Ex_Tension , no medio do concerto o campión do Abertinho subíu ó esceario recoller o explosivo premio , unha entrega que pasará á história e sobre a cal xa se está a preparar un especial estalo pola brutalidada da mesma xa que ademáis do calor do público Richard, o campión do Abertinho sentíu tamén e intenso fedor das tripas cando o cantante de Ex_Tension lle puxo sobre o pescozo a xeito de colar o exquisito premio. Incluso o concerto tivo que se paralizado uns instantes xa que Rodrigo, o gran cantante da Banda tivo que conter os vómitos e trocar de camiseta para poder seguir coa espectacular intervencion sonora nunha sala que iste mércores 15 acollerá no seu seo á tribo quimbumbia de Ultraqäns.


















E tan só unhas horas depois e un bo feixe de km de distancia do MiniBar , na Pista do Cruceiro do Pino celebrábase unha nova edición do xa mítico Fouciño de Ouro. Exitazo e firme aposta da tribo estornela por seguir adiante pese á non celebración do PinoFolk que historicamente servía de parapeto ó bruar das billarda.

















Unha billarda que busca nos fouciños , martelos e gadañas os seus perfectos compañeiro de viaxe. Xan Rodiño fíxose co galardon de ouro e abandoou a pista de xogo coma o ciclista fouciñeiro e con case todos os boletos para facerse coa chaqueta de lá do circuitro de verán , e para o circuito de Abertinhos ...camisa de forza da LNB!!