O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 17, 2012

BILLARDA OU MORTE...ABERTINHO DA QUIMBUMBIA E DESAFÍO INTER-BISBARRAS!!

















Falan os irmáns de "Conexion Cubana " da irrupción na illa do espectacular Jai Alai na illa do desporto nacional  euskadun ...mais iste pasado mércores no MiniBar de Ribadeu un chisco antes da actuación dos Ulträqäns os almamater do grupo  apadriñaron o explosisivo I Abertinho da Quimbumbia contra o bloqueio, utilizando por primeira vez na Galiza a denominación cubana do desporto da billarda aproveitando tamén para facvder apoloxía do amado réxime Castrista e da canción que Ultráqäns realizaron para o imprescindíbel República Billarda.


















Ambiente de auténtico luxo para a iso da media-noite arrincar cun Abertinho que contou auténticas estrelas militantes nas franquicias da LNB...


















coma con novas e firmes promesas tanto do desporto nacional coma do rock-metal galaiko.


















Foi o caso de Queipo , un metal-palanador que entra pola porta grande no universo LNB ó imporse no máis caribenhos e anti-imperailistas de todos cantos Abertinhos se teñen desputado e que o catapulta ás axendas dos axentes das principais franquiais da NorLeste. Atención porque en breve iste palanador estará riba dun esceario ó fronte da referenciais ENXEBRE , intre no que as billardas estarán coma sempre apoiando a brutal irrupción sonora!!



















E despois de tanda intensidade os Ulträqäns peneiraban a  noite riba do esceario , apresentando guitarrista Ribadende os qadelos lanzaron os seus xostregazos de speed-folk a un famento e numeroso público que dende o principios pedía a berros a presencia sobre o palando de Cañita Brava, ogallá moi pronto o crooner do subrealismo coruñes poida vir a ribadeu ou a calquera outra vila do país acompañado dista superbanda rememorando o espectaculo que realizaron no Brincadeira...Revolución Billardeira , dende Meira a Koreia ...do Norte!!

















E á mañá seguinte no hemisferio sul do mapa LNB nova enganchada no desafío entre bisbarras do Morrazo e o Salnés. Un ambientazo dos que deixan pegada e unha victoria , a do Salnés ,  salpicada coma sempre nistes casos de polémica que vai facer regos de tinta e igual tamén que o sangue tamén chegue ó rego.

















O que si está claro é que unha vez rematada a loita , toda os golpexos quedan na pista de xogo e despois comeza a festa...espectacular nova Foliada LNB no InterBisbarras que amosou a Manuel Outeiro com un master-class na pandeireta xunto , a irrupción das cunchas coma sonoridade billardeira empúrranos a pensar na neceisade de levar armas de fogo ás pistas para complementar a ledicia inmensa cuns tiros ó ar...preparade poais as pistolas , fusisi e metralletas para iste sábado no I Aberto da Fala de Negueira de Muniz e o vindeiro 1 de setembro en Sarria no I Aberto do Pán Galego....Billarda , Foliada e chumpo sempre!!