O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 21, 2012

A PRAZA DE DONOSTI POSÍBEL PRIMEIRO TXIRIKILÓDROMO DE EUSKALHERRIA!!



















O vindeiro 21 de outubro os irmans da tribo Txirikila poderán por fin a un xugo secular , sen violencia e sen sangue polo medio simplenmente introducindo unha papeleta nunha hurna coa mesma facilidade que ti metes a billarda no Varal. Mais haberá que agardar aínda ate o 2013 para que a sangue e a violencia non teña lugar na cidade , foi por isa decisión do governo municipal txuri-urdin polo que o matador Antonio Barrera toureou o primeiro toro da terceira corrida das festas da semana grande de Donostia utilizando unha ikurriña coma capota. A imaxe sen dúbida é das que deixan pegada , sexa como for coa ikurriña Antonio Barrera isa tarde cortou unha orella , a mesma que se debería cortar a todos os dirixentes que na Galiza permitan iste xenicidio animal nas súa vilas e cidades, é por elo que a LNB xa ten os ollos , os paláns , as ikurriñas e estreleiras postos e dispostos en Sarria e Pontevedra para sucesivos abertos nistas vilas incomprensibelemente azoutadas por ise virus que portan os homes dos traxes de luces..pola urxente conversion das prazas en billardódromos e txirikilódromos xa!!