O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 30, 2006


O Varal farto xa de tanta hipocresía destapa unha espectacular exclusiva censurada no seu día a súa publicación nun xornal mensual e que agora ve a luz para que Pálacido Perdiz , membro fundador da Asociación cultural Fontefía , nos ilumine a todos os privilexados amigos do Varal nista maldita historia de negras sombras.

- ola Plácido e benvido ó Varal ,como xurdíu a idea de organizar as chega de bois en Muiños?

- A asociación foi fundada nos primeiros anos oitenta tendo como un dos principios básicos a defensa do noso patrimonio cultural , a chega enmárcase como un acto mais da festa das Sopas do Burro Cansado que arganizamos en colaboración co concello de Muiños.

- Anos anteriores xa viñasdes contando coas chegas de bois como un atractivo máis destas festas , como se chega a ista ilegalización actual?

- A Xunta concedía á organización un permiso especial para iste tipo de actos.
Apartires da denuncia parece que non foi así , sorpréndenos tamén que sexa unha asociación que se di ecoloxista a que condee iste tipo de actos e que nos denuncie ante a consellería de medioambiente, os bois en ningún intre saen mancados ou sufren malos tratos, simplemente é unha proba de forza entre os dous animais.


- A colombofia é o deporte de criar a adestrar pombas para que volten ó niño dende longas distancias, nas soltas oceánicas moitas perecen afogadas no mar, nadie condea iso non?


- É un exemplo , pero hai moitos máis.


- Ista denuncia fixo que as chegas saíran na t.v, ves un posible efecto bumerang?

- A verdade é que resulta curioso pero é así, de tódolos xeitos nos desexaríamos que nada disto tivera acontecido.

- Como ves o futuro das chegas na Galiza?

- Pois moi complicado, isto seguramente sentará precedente e todos os afeccionados sairemos perxudicados.

- Moitas grazas Plácido por achegarnos a todos os amigos do Varal ó apaixoante mundo das chegas e confiamos en que o cordura se imponía en todo isto.

Dende o Varal seguiremos apoiando calquera iniciativa que aporte solucións para sacar da ilegalide ista práctica tradicional , sabemos tamén que a LNB está a estudar posibles accións para introducir ista disciplina deportiva detro do seu circuito e como acontece a día de hoxe cos deportes da chave e dos bolos achegar ás chegas en réxime de exhibición ás pistas donde de desputa a SUPERLIGA de billarda-LNB , se tedes bois ou estades sinteresados no tema non dubidedes en abrir a porta da corte do Boi do Varal [ ovaral@hotmail.com ]

2 Comments:

  • At 12:02 PM, Blogger G. Cochón said…

    As chegas de bois nin cultura nin tradición!

    Non teño moito tempo pero vou deixar algúns apuntes....

    - As chegas de bois non son tradicionais na Galiza, se isto se demostrara diante do tribunal poderíaselle dar permiso... de todos os xeitos quen denuncia as chegas de bois (Amigos da Terra) está tamén contra todo espectáculo non que se maltraten animais.

    -Que aínda persistan outras prácticas de maltrato aos animais non quere dicir que esten ben

    - Un espectáculo que se basea na pelexa duns animais non é digno do pobo galego. É unha aberración defeneder estas prácticas como cultura pois o único que fan e potenciar a imaxe dos animais como obxetos cos que se pode xogar.

    - A ablación tamén se pode defender como cultura....

     
  • At 6:03 PM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    é a túa opinión e a de amigos da terra , ilegalizade as competicións de saltos de cabalos ou o Polo nas que os animais son fustigados salvaxemente, o que pasa é que temos unha xunta absolutamnete continuista co aldraxe sistemático da nosa cultura que deixa campar ás súas anchas a indesexábeis coma ADT. a desculpa de non ter moito tempo non será porque tes que ir alindar os bois que tes ocultos na corte!!

     

Postar um comentário

<< Home