O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 31, 2012

FERVEDOIRO E GALLETAS MARIÑEIRAS ...A FORZA DUN CHIMPO BRAVÚ DENDE CUNTIS Ó ABERTO DO CASTAÑAZO DE CHANTADA!!



A billarda que cruza o corazón , ise foi o impactante poema visual que os irmáns do Fervedoiro utilizaron para ilustrar o brutal suceso entorno ó Aberto de Cuntis , unha metáfora transformadora que executou a limpeza e adecuacion da área dos Albariños realizanda dun xeito totalmente autoxesitoando e mediante a auto-organización da tribo do Fervediro , unha laboura que a todas luces compre á institucion municipal se tivera unha mínima decencia medioambiental e amor propio. Rebelde, unida , alegre...a mocidade activa unha vez como se pode ver no espectacular video-estalo guindado polo Fervedoiro Produccions vence e executa sen nengún tipo de apoio institucional a segunda edidicon do Aberto de Billarda de Cuntis. Os miles de euros que a xunta invirte en facer pistas de padel no rural ogallá os teña que utilizar o secretario de desportos e todo o goberno galego en menciñas porque tarde ou cedo os do Fervedoiro e a LNB sabemos que... Pagarano coa salú!!

MARIÑEIRAS....FORZA BRAVÚ EN CADA VARADO NO CASTAÑAZO!!











Mais non todo son obstáculos nista nosa carreira infinada , por sorte temos moitos aliados e cada vez màis que apostas firmemente pola billarda é o caso dos irmàns de Daveiga , os productores con sede en Chantada das Galletas Mariñeiras estarán tamén aportando a súa  enerxía iste vindeiro sábado 3 de Novemebro no Aberto do Castañazo Rock polo que xa podes ir preparandote para facer Vardos xa que cada un terá de recompensa unha bolsa de exquisiata Mariñeiras , o pan utilizado polos mariñeiros galegos nas súa travesías de ultramar estará pois no Bravú Area de Chantada representando o poder e compromiso billerdeiro da Plataforma Comercial da LNB, polo no intre que en calquera establecemento vexas unha das bolsas de Mariñeiras non dubides en incorporalo á túa bolsa da compra coma elemento básico da túa dieta coma deportista de élite.  Fervedoiro e Mariñeiras Sempre.....Adiante co Varal!!