O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 15, 2012

VARADOS ESTRATOSFÉRICOS NO ABERTO DA NOROESTE NA PISTA DE MEIRAMA EN CERCEDA!!
















Felix Baumgartner antes de entrar na capsula ? non Serxio dos Xarutos despois dun lanzamento estratosférico de co seu palán despresurizado....na mañá previa a que o paracaidista extremo austriaco chimpase dende os 39.000 metros no pavillón do Complexo deportivo Meirama en Cerceda unha multitudinaria tribo de palanadores e palandoras acudiron puntuáis á cita para desputar un novo Aberto puntuábel  da mítica Conferencia NorOeste. 
















Varados estratosféricos inmortalizados unha vez máis polo fotógrafo de guerra Luis Camiña dos Gharabotos  que cando pousa o palán dispara o obxectivo para realizar un novo espectacular album que podes desfrutar no seu activo facebook persoal.

















Toques de atencion ó Deportivo de varios palanadores para que ó igual que se promociona a equipa de futbol nas pistas da LNB as billardas accedan dunha vez en Riazor para realizar un abertinho ou concurso de Varados no descanso dun partido e se poidera ser nun derbi contra o Celta mellor ca mellor...
















Acostumado ás extremecedoras imaxes nos cadros de Pirucha , o activistas artistico quixo deixar como a cotío fai nss súas obras pegada tamén na pista de Meirama e como se informou dende o referencial facebook oficial do Varal , Luis como se coñece na súa faceta billardeira vestíu a espectacular monteira que o acredita coma gañador despois de vender na final a Vikeira dos locias Cochikeiros.

















Semella que a mazá e a sidra inxerida o pasado venres en  Marín impulsou firmemente á equipa patrocianda polo Hotel Villa de Marin , os Gharabotos aférranse ós títulos e amosan con conviccion o seu escudo que sinala que van dispostos a conquistas as pistas da Galiza enteira ...Lipe-Lipa Sempre , Adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 6:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    Por mor da choiva, o aberto non se celebrou en Meirama, trasladouse o pavillon deportivo de Piñeiro.

     

Postar um comentário

<< Home