O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 19, 2012

A NOSA TERRA NON SE VENDE ... CONTRA A REFLEXIÓN ACCIÓN DIRECTA NA PONTE DE OUTEIRO E EN BORDÓNS!!


































Todo preparado para iste sábado apartires das 16 h. deixar semente de victoria no campo das Festa de Outeiro en Muimenta , Aberto puntuábel para a NorLeste , pinchada posterior con Foliada e no medio do Kaos explosivo Abertino " A terra non se Vende" . Arbores e Fabas do Gardarríos coma espectaculares premios niste Aberto na Terra Cha que enxordecerá coma a eixo unha de seguro histórica xonrada de festa e loita coa defensa da terra do xenocidio ecolóxico que supón a instalación das minas coma gran telón de fondo. Info e Inscripción>> 676.597050



































E simultanea á accion billardeira na Ponte de Outeiro no Hemisferio Sur do páis , nova enganchada regular na activa Conferencia Rías Baixas , ogallá que en todo o país os prados luciran tan verdes e plenos coma o espectacular cartaz do Aberto de Bordóns. Para elo, para acadar unha sustentabilidade e esixir un resteito ó medio de calquera actividade que se realice no país sáen cada find os paláns e as billarda á rúas. Fóra  deportes e minas que lixen o noso medio natural. Info e Inscripción>> 659.553543