O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 27, 2012

BARRO É A MULLER E O HOME, BARRO É O XERRO, ISTE DOMINGO EN XIL OS DOUS SON UN MESMO BERRO!!


































Un ex-xogador do Celta de Vigo será o adestrador do por algúns considerado mellor equipo de futbol do mundo , un ex-cantante tamén dun grupo vigués chamado Os Resentidos será o próximo presidente da Sgae , ti palanador ou palanadora que pensas que estás perdendo o tempo aferrándote coma unha lapa a un palán e a unha cunca de viño , non desesperes porque aínda que quizabes non o percibas pode que sexa o trampolín perfecto para convertirte no próximo presidente da Galiza ou porque non no próximo premio Max de Teatro...é por elo que iste domingo na nova edición do Xerro do Salnés nos atoparemos alí dúcias de potencias líderes dunha nova orde mundial desfrutando da bravura e o lume dos furanchos baixo o poderoso e intenso bruar das billardas. A cita iste domingo 29 de Abril un pouco antes das 12 H. na Taberna da Cancela de Xil ( Meaño)  punto de partida da explosiva e intensa Xira de Furanchos , polas 14:30 xantar de irmandade e ás 16:30 os supervivintes da xornada desputarán o explosivo Aberto do Xerro do Salnés na pista da Capeta das Angustias de Xil .

E NON ESQUEZAS AS GAFAS PARA O 3D!!










E ademáis dos paláns e as billardas non esquenzades levar as gafas 3D xa que como sabedes as perigosas cuncas de Xil  nublan a vista e pode que non recibades en toda a súa dimensión as brutais apresentación que se van facer na Xira de Furanchos ....por unha banda farase público o explosivo formato da nova edición do Concurso de Microrrelatos Billardeiros e pola outra apresentarase o incendiario partido internacional txirikila#billarda do 12 de Maio que enfrontará por primeira vez na história a Galiza vs Euskal-Herria .... TXIRIKILA sempre , adiante coa Auténtica!!

1 Comments:

  • At 2:06 AM, Anonymous Anônimo said…

    Unha Puta Pasada!! adiante co Varal Tios!!!!! vós cambiaredes o pensamento do Paìs!! ch.
    Bilharda Rock e vinho!

     

Postar um comentário

<< Home