O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 16, 2012

CRIANÇAS CEIBES , A BILLARDA PRESENTE NOS CICLOS DE ENSINO DA ESCOLA SEMENTE!!


Coa cidade de Compostela de celebración infinda pola marcha do seu alcaide, unha home e un xeito de gobernar absolutamente demencial que tentou por contra as cordas á xente do movemento asociativo da cidade e nomeadamente ós irmáns da Gentalha do Pichel xermen do que saíu a florecente Escola Semente que istes días abre o seu prazo de inscripción para acoller a todas as crianças que desexen unha educación íntegra e integrada no seu entorno.>>  info@sementecompostela.com / 881819637-607901506


















Un luxazo e un acerto inmenso que a Escola Semente utilice a billarda como un dos elementos motores para desenrolo da nen@ na súa formación coma ser social nistes importantísimos primeiros anos de vida e un exemplo para todo o resto de institucións educativas que deberían ir collendo recortes tanto da Escola Semente de Compostela coma do seu sucedanio itinerante que leva adiante a LNB , mostra , istes espectaculares fotos da Semente Billardeira celebrada fai dúas semanas do Colexio Público da Pastoriza donde palanadores e palanadoras chairegas da LNB coordinaron ista referencial acción expansiva.

















Ribadeo, A Pastoriza, A Escola Semente en Compostela e dende iste mércores no campo de Rugby da USC arrinca ás 16:30 tamén o ciclo billardeiro no entorno universitario polo que colle o palán e ensixe con forza de Varado que no teu centro de ensino que se imparta a billarda coma asignatura oficial, ...Semente Billardeira Sempre , Adiante co Varal!!