GINI FAISE CO XERRO DO SALNÉS E RACHA COA DICTATURA DO "NOM DRINK PARTY"!!
Viño branco , viño tinto...Galiza e o Xerro sitio distinto, isa pode ser a estrofa que acompañe ó fantástico titular que proclama a Geni , a gran palanadora de Os Outros coma nova posuidora do Xerro do Salnés. O trofeo volta ó norte e faino ó lombo da espectacular Nano-Guagua do Norleste que partía dende primeira hora da mañá dende Ribadeo a Xil cargada de emoción e gañas de compatir espazos e paixóns coa tribo do poderoso hemisferio Sul.
Unha fantástica xornada na que durante a Xeira de Furanchos do medio-día se aproveitou para ademáis de oxixenarse e hidratarse , apresentar o explosivo partido Galiza vs Euskal-Herria que se desputará en Marín o vindeiro sábado 12 de Maio e que terá a Serxio da Faisca coma técnico habilitado por Flores para realizar a convocatoiria e dirixir a Auténtica a pé de pista...Xerro do Salnés, Fachenda Galega!!
7 Comments:
At 5:22 AM, Pinto I de Chile, quinto de Teis. said…
O milkhouse de técnico da auténtica! incribel dato!
At 1:27 PM, Anônimo said…
O vencedor do torneo foi Xan Rodiño. A xente do norte foise sen disputar as eliminatorias.
At 4:12 PM, Anônimo said…
O de facto seleccinador, vaiselle acabar a tonteria esa aos bateas de non beber alcol na billarda. O que facia falla, man dura
At 6:02 PM, Anônimo said…
O lamentabel de seleccionador!!!! Que corra o licor café
At 7:27 PM, Anônimo said…
Penoso oxerro do Salnés, coma sempre. Logo encherásevos a boca falando deso de "outro deporte é posíbel", polo carallo!, que deporte se pode chegar a considerar serio cando se ven a xogar só coa excusa de beber é comer? Logo aínda queredes que se nos tome en serio? Por favor... Ademáis de que o Xerro do Salnés, un torneo INDIVIDUAL, que este ano volveu gañar Xan Rodiño, entregouse logo dunha elminatoria irregular na que Iván e Luis non sabían o que se estaban a xogar. Penosas as imaxes e penosa a imaxe que deu e esta a dar o Xerro do Salnés e algunha xente do que é a billarda.
At 10:47 PM, Anônimo said…
quen dixo que a billarda era un deporte serio?a billarda e mais que un deporte, o que non entenda que faga un curso
At 8:32 PM, Anônimo said…
Esta claro que a billarda non ten seriedade ningunha, pero logo igual ata piden respeto por isto, se fose algo serio, esta moi claro o que debería pasar co xerro. Se non se vai a estar para xogar todo o torneo, non se ven e listo.
Postar um comentário
<< Home