O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 14, 2012

A AUTÉNTICA VESTIRÁ DE NEGRO EN LOITO POLA QUEIMA DAS FRAGAS DO EUME NO INTERNACIONAL BÉLIT FRONTE ÓS PAISOS CATÁNS!! >> # PPCCvsGZ












A Auténtica xa se concentra en Barna e faino ó rirmo dos BRAMS como nos informa o gran palanador dos Remourelle Bulls Susojr que como podedes ver xa listaxe oficial ofrecida polos selecionadores nacionais  de ámbalas dúas seleccións nacionais , o palanador de Ribadeo formará titular ó carón de Ângelo, Jesus , Aitor, Fernando , Lico , Xose Mari e Miguel . Ó final problemas técnicos impiden a retransmisión ao vivo via streaming mais poderemos seguir en tempo real vía twitter disparados desde o mesmíssimo L´ecspanya Industrial Stadium xunguindote # BelitBilharda ou # PPCCvsGz . Como se informa dende o referencia Totbelit a Auténtica vestirá a súa segunda equipación , camisola negra en loito das Fragas do Eume e do  resto da Galiza calcinada pola lapas e pola incompetencia dun governo que nen se está nen se lle espera...que pase a história que cuspa nas mans!!