O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 03, 2012

EN SOLIDARIDADE COS IRMÁNS DA CONF. BEZOUQUEIRA...STOP LONGA NOITE DE CINZA!!

O esquíu bezouqueiro acosado e aldraxado polas lapas e a incompetencia gubernamental non podía quedar escondido senón que acudíu e alzou a voz nas gorxas dos palanadores e palanadoras nas diferentes concentracións ó longode todo o país de condea contra o desastre causado polo lume nas Fragas do Eume, hábitat natural de ademàis do bravo esquíu billardeiro dun sen fin de especies de fauna e flora autóctona cuxo dano xa é practicamente irrepárábel. 
Tod@s estabamos en Pontedeume, coma epicentro nurálxico da desastre dende iste luns todas as billardas se dirixían cara o Varal situado na praza do hemisferio bezouqueiro. 

Iste luns tamén saltou a nova que o o presentador de informativo da Galega Alfonso Hermida demitía por motivos profesionais , un exemplo que moitos deberían seguir para saír urxentemente disa poza de purín mediático, dende fai moito tempo os únicos servicios informativos con criterio e calidade  nos parámentros da referencial BBC británica son as curtas de Tingalaranga dirixidas polo gran Bocixa, cantante de Zénzar e palanador Cochikeiro que por suposto estivo na praza de Pontedeume cubrindo a histórica concentración contra a queima e a incompetencia.

Activistas da LNB participaron nas  concentración de todo o país , facendo visíbel como aconteceu en Foz na Mariña de Lugo o compromiso billardeiro e a solidaridade total cos irmáns da Conferencia Bezouqueira que tan duramente están a ser golpexados polo lume e a miseria institucional . ate tal grao chega a desesperación que unha familia da Capela desobedecu á garda civil para pola súa conta e risco defender a súa casa das lapas , un exemplo absoluto que amosa ás claras que se nos quedamos de brazos curzados obedecendo os criterios da xunta e da garda civil o máis probábel é que rematemos calcinados 
Lugo ó igual que o resto de prazas do país estivo plagada de palanadores e palanadoras que quería por o seu berro ó servicio da terra , ali estaban activistas das franquicias Madia-Leva e das equipas chairegas , acendendo un lume bo e solidario como o que amosan os irmáns de Tropa-Lixeira que iste mércores terá a súa continuación na acción de Semente Billardeira a celebrar no circuito da Pastoriza apartires das 15 h.

Compostela amosou unha espectacular imaxe , un flash que nos recorda as màis tráxicas esceas da nosa recente hístoria , agardamos que as choivas que veña non invadan de cinza os ríos porque senón o desartre pode ser infindo , se teñan que levar algo que sexa ós que prantaron o lume e os que xestionaron a súa extinción...Bezouqueira Sempre , Adiante co Varal!!

2 Comments:

  • At 12:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Conferencia Bezouqueira? Pero iso aínda existe?

     
  • At 1:33 PM, Anonymous Anônimo said…

    O voso é de siquiátrico, xa non sabedes que inventar para dar a nota, agora tamén xogades no monte ou?, sabendo os colaboradores de tedes é normal, non me estrañaria nada que estiverades detrás do asunto, jaja!!

     

Postar um comentário

<< Home