O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 30, 2012

O HEMISFERIO SUL NON CONSEGUE RETER O XERRO E SUCUMBE COMA UN CABALO ENFOSAO A MANS DA PODEROSA TRIBO DO NORTE!!















Sen medo a trabucarnos , ista nova edición do Xerro do Salnés confirmou agora máis ca nunca que a continuidade e o compromiso absoluto a proba de bombas e cuncas dos irmás da Taberna da Cancela de Xil e da LNB , contitúe a máis poderosa arma para lanzarnos coma gato ós chicharros para conquistar o futuro . Geni e Juan foron quen de recuparar o Xerro para o Norte nun desafío final entre-hemisferios vencendo ó tamdem do Sul formado por Iván e Lois.


















Foi unha final express entre os dous mellores clarificados por hemisferio ó final das tres roldas regulares , unha acción motivada polo  horario que tiña marcado de aterraxe en Ribadeo a Nano-Guagua da LNB totalmente autoxestionada pola A.C.D O Varal xa que o Concello de Barreiros ó contrario que sucedera en edicións anteriores negouse a subvencioar ista viaxe. Por desfgraza os palanadores e palanadoras do Norte non puideron desfrutar da cata de Gin-Tonics que se celebrou na Taberna da Cancela ó final do gran Torneo que de xeito maxistral mantén intacta e cunha saude de burro desmagao a filosofía coa que arrincou . Por unha vez pois non foi o República Billarda o disco que marcou o ritmo senón que foi o disco da Nano-Guagua quen impuxo a súa discipina só alterada pola maxistal sesión de chistes do gran selecionador nacional Flores .

R.I.P 

















E tamén ista brutal edición do Xerro do Salnés converteuse na plataforma perfecta para o anucio de moitos e diversos eventos que xa ese albisvan no horizonte mais arrincaba a Xeira de Furanchos co lider de Fachenda Galega recibindo o seu propio pésame xa que uns días antes no seu facebook persoal amosaba ista impactante acción lapidaria que non deixa indiferente a naide . E atención á explosiva apresentación do partido intenacional que o vindeiro 12 de Maio celebrarase en Marín entre as seleccións de Galiza e Euskal-Herria que xunto coa nova edición do concurso de Microrrelatos billardeiros " REPÚBLICA BILLARDA FACTS [ artigos para a constitución dun país en estado de sitio ] " e coa apresentación dos espectaculares trofeos para os campións da Confencia Salnés foron as gotas que colmaron ista fantástica nova edición do Xerro...sen dúbidaoutro deporte e outra civilización son posíbeis!!