Todo unha auténtica experiencia , o que iste sábado 7 de abril se viveu no campo de futbol de Viladepaus , tiveron que agardar máis de trinta anos a poderosa tribo do Bierzo para voltar a sentir o bruar das billardas buscando o varal , coa súa presencia a LNB coordianando en estreita colaboración con
TodoBierzo.com iste primeiro aberto do século 21 nas terras do alén arrinca os chantos dunha división irreal e deixa a toma de terra para que a poderos anguía eléctrica do bierzo se una á gran serpe multicor da LNB.
De maxistral se pode considerar a prestación dos palanadores beciáns que ocuparon as tres pimeiras prazas no cuncurso de Varados e situaron a
Fernando dos xa coñecidos coma
Caranguexos do Sil do Viladepaus coma gañador absoluto do Aberto por riba de estrelas coma Martinho dos Bulls que acupou o segundo posto ou Franco que acadou o terceiro posto. No estadio de Viladepaus foi un clamor berrando Fernándo selección, polo que o gran seleccionador nacional Flores que estivo alí non sorprenderá a naide se na próxima convocatria inclúe a Fernando ou a algún dos palanadores e palanadoras do Bierzo para formar parte da Auténtica. Atentos ó estalo adiovisual de Tele-Varal que preparan os
Tropa-Lixeira e atentos ás pantallas porque o coctel botelos, anguías e billarda é explosivo...
1 Comments:
At 10:17 AM, JLS said…
Buen trabajo, seguro que a Fernando le encanta la idea. No olvideis visitar www.todobierzo.com donde hay otro reportaje, mas fotos, y un video (cuando termine de editarlo :) )
Postar um comentário
<< Home