OS MARIÑANS-BM FANSE CO AÑO_2016 E XULIO DE CAMPO DA FEIRA ABRAZA A GLORIA NO BAR RAIO DE SOL DA LARACHA!!
Ista find. a cor verde invadíu todo o universo LNB ... pola banda do Norleste con epicentro no campo de futbol de San Miguel de Reinante o maravilloso cheiro e os berros do Año...
acompañaron cada un dos golpexos das catro equipas que aloitaron coma catro laradas de lobos famentos polo mítico animal do torneo parroquial_2016
E simultaneo ao bruar das billardas e do Año no campo de Coiro da Laracha explosiva primeira edición do Aberto do Bar Raio de Sol que convocou fronte á barra da taska co palán disposto a toda a tribo da NorOeste
O Año e o Aberto do Bar raio de Sol espectaculares torneos sobre herba que abren o porta para a gran Marexada de Abertinhos de verán que van azoutar cada recuncho da Galiza toda...
Xulio Ponte foi o campión dista primeira edición do Aberto do Bar Raio de Sol de Coiro , espectacular instantanea de todos os participantes diante da barra do Raio de Sol , unhas raiolas que emerxen da Laracha para decirnos que máis Abertos patrocinados por entidades independentes coma bares , tascas , churrasqueirías ...teñen que ser posíbeis!!
E en San Miguel o poderío dos Billardeiros Musicais non fraqueou nen por un instante nista edición do Año_2016 , dende o inico do torneo na sesión da mañá o seu dominio foi total e pese ás gañas do resto de equipas de meterlles o dente os Mariñáns non recuaron en ningún instante fronte ó varal e fixéronse de novo co prezado animal condeándo a Alinaza Popular Indíxena á culler de pau ...Año e Raios de Sol Sempre , Adiante do Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home