O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, junho 25, 2016

GzExit ....PORQUE A ÚNICA EUROPA POSÍBEL É A EUROPA DOS POVOS-BILLARDEIROS!!

















O paraiso é un lugar abrumador...sábenno ben a maioría dos británicos e moitos dos galegos , palanadores e palanadoras da LNB que afiamos as billardas e puntamos en cada Aberto  cara ó centro neurálxico da diana do ate ontes inmune poder sátrapa de bruxelas e dos putos mercados...
























As Billardas e a Cachizas , diferente nome para unha mesma loita , a da LNB que iste sábado apartires das 16:30 h. racha o xeo nos vasos e na pista de xogo da Estacada de Bueu no arrinque da brutal xeira de verán no abafante heminsferio sul na periferia da por desgraza aínda zoa euro..




















Unha europa dos povos-billardeiros é a que ansiamos realmente dende a LNB , unha relacion bañada polo licor e a vitaidade das diferentes etnias billardeiras que poboan o continente europeo de seu , porque a espectacular imaxe dos irmáns do Pandolo en Slovenia iniciando tamén a súa tempada de compeitición baixo os raios de sol invita á rebelión conxunta para esgarrarlle ó parlamento europeo e coller o palán e desfrutar disa europa real que todas as institucións queren aniquilar ..... Pandolo Sempre, Gz e Billarda Exit!!