O TSUNAMI LOIS DE BRETOÑA E OS ESGARROS DE FURIA NECESARIA NOS REMATES DA LIGA REGULAR NAS CONF. DA LNB!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjUv72l49EQ57-nyAldqOi8Jm-SPB5e3jsgTwyQ00mmWtDJ1omsEL0X3V9TAEoSSpTOUQ8WSenqwIh7nQNG5t-XtB7YAQlj9gl-ec6lcbbOHfhXRaGfE7xC8HPmZTjgqM3mPvyy/s400/breto%25C3%25B1a.jpg)
E co vendaval Lois azoutando o norte as billardas cruzarán coma lóstregos na madrugada infinda para aparecer en Marin o sábado pola tarde, festaza en Marín de fin de tampada artellada pola referencial franquicia Almuinha que xunto co festival organizado polos poderosos 13-14 en Salceda encheran a conferencia sur de festa e desenfreo maior aínda que o habitual que xa é dicer para pechar como se merece ista gran tempada regular na frenética Conferencia Sur.
E a negritude dos cartaz artellado pola tribo da Conf. Centro contrastará co alumear dos ollos dos palanadores e palanadoras que coma gatos raxados na noite tentarán arrabuñar na Carballeira da Magdalena de Castrofeito unha praza para Conxo nista súa última oportunidade antes do grande suceso do Play Off Nacional.
E da torre de Celas de Peiro a tribo do NorOeste tira á Magdalena!!
E de novo punk e lírica se xuntan en Remourelle para pechar unha tampada màis no espazo vital de agullas líquidas en fero ataque chamada conferencia norlestetamén coñecida coma conferenica mae , unha mae de paríu en peln coella con coellos embravecidos que espallan polo país e polo mundo enteiro a febra billarda e que iste domingo con xantar de irmandade na mítica Taberna de Lola, Aberto do Coello e posterior festa para a entrega de premios ó campións de conferencia pechara unha nova entrega cunha explosiva entrega en tres fases que pecha un trepidante insomnio ilegal de etcéteras para de contado abrir outro novo....billarda sempre, adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home